Conversa:Academia Galega da Língua Portuguesa

Engadir conversa
Discussões ativas

UntitledEditar

Este artigo é totalmente parcial, para empezar é unha institución ou unha entidade privada, e a redacción é o típico dun panfleto: Fundouse como institución nacional galega creada pola sociedade civi-->quen lle deu ese carácter. --Barryland 14:58, 13 xaneiro 2010 (UTC)

Revertín o teu cambio, pois non o considero tal. Para comezar, referénciase quen fixo tales afirmacións (un dos promotores), cousa que non se fai nun panfleto. E para seguir, afirmar que se consideran unha "institución nacional galega" é relevante, xa que non poñen "institución nacional portuguesa" ou "española". Polo menos así o interpreto eu. --Rosamf 14:19, 14 xaneiro 2010 (UTC)
Retirei moitas ligazóns externas que non viñan ó caso no artigo (en todo caso deberan aparecer no artigo de cada persoeiro). Tamén teño unha dúbida: non deberíase troca-la categoría Lingua galega por Lingua portuguesa? Se eles mesmos no nome din que é da Língua Portuguesa, quizais é máis correcta esa categoría. --Alberte Si, dígame? 15:32, 13 xaneiro 2010 (UTC)
Agradézocho. Utilicei o texto da versión da wiki portuguesa. Xa eu mesma quitei moita cousa, pero claro, cando te pós a editar en código é máis difícil ver as cousas, aínda que te apoies na vista previa. Creo que me falta hábito. --Rosamf 14:19, 14 xaneiro 2010 (UTC)
Para mín esta claro que se trata da lingua portuguesa (que se debería falar en Galicia, o que quere decir claramento o "portugués de Galicia"), polo tanto concordo para categorizar en Categoría:Lingua portuguesa Elvira (conversa comigo) 17:52, 13 xaneiro 2010 (UTC)
A categoría debe ser lingua galega ou ben pór as dúas categorías, xa que non defenden a "lingua portuguesa que se fala en Galiza", senón que o galego é portugués, e que polo tanto se debe escribir coas mesmas normas. Falar de "o portugués que se fala en Galiza" pode maliterpretarse como as falas das persoas de orixe portuguesa ou brasileira que residen no noso país. --Rosamf 14:19, 14 xaneiro 2010 (UTC)
  • É certo, Elvire. O que sucede é que segundo os partidarios destes movementos, o noso galego é portugués, co cal a nosa categoría denominada lingua galega sería tamén a súa, só que mal apelada. Non sei se me explico. É un pouco a sardiña que morde o rabo. Un evil circle, como lle din en inglés. --Atobar (conversa comigo) 23:07, 13 xaneiro 2010 (UTC)
A AGLP non ten ningunha competencia sobre o galego logo é absurdo categorizala baixo a lingua galega, non sei se ten competencias sobre o portugués pero polo seu nome supoño que si aspira a ser a academia do portugués da Galiza.--RNC 15:00, 14 xaneiro 2010 (UTC)
A palabra "competencia" non creo que sexa acaída. Aspiran a ser a academia do "portugués da Galiza" porque consideran que o galego=portugués. Creo que o máis correcto (como nalgún outro artigo sobre o reintegracionismo) meter tanto a categoría de lingua galega como lingua portuguesa, pois para os reintegracionistas vén sendo o mesmo. Polo demais, grazas polas melloras que introduciches na redacción, creo que son moi atinadas. --Rosamf 18:16, 14 xaneiro 2010 (UTC)
Sí que procede falar de "competencias". Está claro que para a AGLP, para os reintegracionistas e outros movementos, galego e portugués veñen sendo o mesmo (quizais sería máis exacto dicir que defenden a tese de que o galego é un portugués deturpado, pero esa é outra leria). E resulta que a Galipedia se estrutura de acordo a referencias "competentes", e neste caso a competencia recae sobre a RAG, que nos di que galego e portugués son dúas linguas distintas (se ben non distantes). Quero dicir, resumindo, que a AGLP defende o portugués (e por iso cadra en Categoría: Lingua portuguesa). Outros tamén din que o galego é un dialecto e non por iso lle rebaixamos a categoría de lingua. Pedro --Lameiro (conversa) 18:24, 14 xaneiro 2010 (UTC)
Por suposto, isto que digo exclúe a categorización como lingua galega. Por se quedaban dúbidas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:34, 14 xaneiro 2010 (UTC)
  • Non son eu de gastar tempo con estas cuestións (e menos na situación actual), así que soamente dicir que concordo con RNC e Lameiro, e que por suposto si se trata de competencias, porque na Galipedia a información fornécese en base ao que din aquelas institucións e individuos considerados competentes. O dito, ben mirado: lingua portuguesa. --Atobar (conversa comigo) 18:42, 14 xaneiro 2010 (UTC)
Comprendo os vosos argumentos, pero discordo en que se pretenda eliminar a categoría de "lingua galega". O ILG e a RAG din que galego e portugués son cousas distintas, perfecto. E a AGLP di que son o mesmo, e por min tamén perfecto. Ora, a AGLP sobre o que traballa (ou di traballar) é sobre o galego, ao que denomina "portugués de Galiza", e de aí saen cousas como unha compilación de varios centros de palabras galegas que se van incluír en dicionarios portugueses. Creo que é un exemplo que flutúa entre as dúas categorías. Entre as tarefas actuais, segundo recolle a wiki lusa, a AGLP está a preparar unha colección de clásicos galegos (imaxino que editados en portugués) con obras de Rosalía, Pondal, Vicente Viqueira ou Cotarelo Valledor. Como isto non é un foro de discusión déixoo ao voso criterio, pero insisto en que, ao meu parecer, ambas as categorías (lingua galega e lingua portuguesa) serían acaídas. --Rosamf 08:34, 15 xaneiro 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Academia Galega da Língua Portuguesa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de agosto de 2018 ás 22:00 (UTC)

Volver á páxina "Academia Galega da Língua Portuguesa".