Conversa:Abázcaro

Último comentário: hai 11 anos de Sernostri no tópico Imaxes

Untitled editar

O texto do artigo é tradución textual de http://www.tripled.es/control_de_avispas/. Pedro --Lameiro (conversa) 20:23, 30 xaneiro 2008 (UTC)

aralliño... Vaia vista. Emendarémolo, non? É tan pouco texto que ben se pode... --Xabier Cid 20:48, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  • É tan pouco texto que non necesariamente tivo que ser copia, pode ser simplemente coincidencia, eu non o vexo tan claro.--83.40.175.22 15:45, 31 xaneiro 2008 (UTC)
  • Evidentemente foi copia, non sei se de es.wp ou da web que cita Lameiro, pero foi copia. Ora que, agora, asunto amañado. --Xabier Cid 16:03, 31 xaneiro 2008 (UTC)

Bombus editar

Eliminei a lista de insectos do xénero bombus coñecidos en galego como abellóns é certo pero tamén como abesouros e abesoiros. O artigo trata da vespa crabro coñecida en galego como abellón ou abázcaro. Polo tanto debe quedar claro que abellón poden ser dúas cousas diferentes a vespa crabro e os insectos do xénero bombus, ademais dos machos das abellas, etc.--RNC 20:47, 14 marzo 2009 (UTC)

Imaxes editar

  • As dúas imaxes pequenas de abaixo son realmente de vespa crabro, eu creo que non, pódeo confirmar alguén?--RNC 21:02, 14 marzo 2009 (UTC)
    • As mesmas imaxes foron engadidas por Lmbuga en tres artigos de tres especies diferentes: Abázcaro, Abellón (macho da abella) e es:Bombus. Hai algo que non cadra--. HombreDHojalata.conversa 14:13, 20 de maio de 2011 (UTC)
      • Cambiei a imaxe do cadro taxonómico por outra que se ve de lado e na que se ven mellor as caractrerísticas distintivas. A outra púxena na galería. Engadín tamén en galería as imaxes 3ª, 4ª e 5ª, que son de Vespa crabro seguro. O que non teño tan claro son as dúas primeiras imaxes da galería. A primeira paréceme que é un Bombus (abesouro/abejorro/bumblebee), polo que de ser así debería borrarse desta páxina. Alguén que entenda de insectos máis ca min debería comprobalo, pero aposto a que non é Vespa crabro. Tamén teño moitas dúbidas sobre a segunda imaxe, que tamén parece un Bombus. Polo meu gusto borraba as dúas primeiras imaxes da galería e deixaba as 4 últimas, e non precisamente porque acabe de engadir eu tres delas. O problema con estes insectos é que o nome común ten varias sinonimias con diferentes especies, polo que se crea ambigüidade e confusión.--Miguelferig (conversa) 2 de marzo de 2013 ás 20:27 (UTC)Responder
Creo que son bombus muscorum --Sernostri (conversa) 2 de marzo de 2013 ás 20:42 (UTC)Responder
Ben, ao borrar esas, agora creo que as imaxes que quedaron son de Vespa crabro.--Miguelferig (conversa) 2 de marzo de 2013 ás 21:00 (UTC)Responder
Non estou seguro ao 100% que foran bombus muscorum pero non eran vespa crabro segurísimo.--Sernostri (conversa) 2 de marzo de 2013 ás 21:04 (UTC)Responder
Volver á páxina "Abázcaro".