Convención de Filadelfia

A Convención de Filadelfia (tamén coñecida como a Convención Constitucional, a Convención Federal e a Gran Convención de Filadelfia) foi levada a cabo entre os días 25 de maio e 17 de setembro do ano 1787, para resolver os problemas dos Estados Unidos, tras a independencia de Gran Bretaña. Aínda que a idea era soamente revisar os Artigos da Confederación, a intención de moitos propoñentes da Convención, principalmente James Madison e Alexander Hamilton, era o crear un novo goberno no canto de "arranxar" o que xa existía. Os delegados elixiron a George Washington para que presidise a convención. O resultado da Convención foi a Constitución dos Estados Unidos de América. A convención é un dos eventos centrais na historia dos Estados Unidos.

Escena do asinamento da Constitución dos Estados Unidos, por Howard Chandler Christy.

Contexto histórico editar

Antes que se redactase a Constitución, os Federalistas e os Anti-Federalistas puxéronse de acordo en canto á ineficacia do goberno para manexar o comercio. Virxinia e Maryland chegaran a un acordo sobre como navegar pola baía Chesapeake e respecto dos seus asuntos tributarios e querían que Delaware e Pensilvania unísenselles. Semellante acordo, con todo, era ilegal sen o consentimento do Congreso Confederal segundo o Artigo VI dos Artigos da Confederación. A frustración respecto ao acordo desencadeou na Convención de Anápolis, onde só cinco estados presentáronse para discutir posibles remedios para o comercio. Na convención, a data para Filadelfia fixouse en 1787.

Tres acontecementos ocorreron que incrementaron a lexitimidade da Convención de Filadelfia. Primeiro Nova York vetou o plan de 25 anos de Robert Morris para incrementar os ingresos despois de que todos os demais estados estiveran de acordo (moitos con reservas). A nación atopábase cunha necesidade desesperada de ingresos para pagar débedas externas a Francia e os Países Baixos, aos soldados que loitaban contra os Nativos Americanos no oeste, e para os gastos xerais de dirixir un goberno. O Imposto de 1786 solicitou 3,8 millóns de dólares e recibiu só 663 dólares en requisas. Segundo, a Rebelión de Shays sacudiu o país. A rebelión para capturar un arsenal en Massachusetts foi suprimida con relativa facilidade, pero as noticias do acontecemento asustaron á xente en todos os estados e expuxeron as debilidades dos Artigos. Para rematar, os bloqueos no país debido ás débedas demostraron a debilidade dos Artigos e mostraron a incapacidade do goberno para solucionar o problema.

Deliberacións editar

 
Edificio do Independence Hall, Filadelfia, en 2021

A convención celebrouse na Cámara Lexislativa do Estado de Pensilvania durante o cálido verán de 1787. As fiestras mantivéronse pechadas e situáronse gardas de modo que outras persoas non puidesen oír as discusións. Rhode Island rexeitou enviar delegados á convención.

O plan Virxinia editar

O Plan Virxinia era a orde do día non oficial para a Convención. A delegación de Virxinia chegou antes que as outras delegacións a Filadelfia e comezou a reunirse diariamente para falar sobre proxectos para o novo goberno. Todos excepto a primeira resolución foron escritos por James Madison, e foron relatados na Convención por Edmund Randolph.

O plan incluía:

 
James Madison, tracionalmente considerado como o "Pai da Constitución", tomando detalladas notas das deliberacións da Convención.
  • Unha lexislatura bicameral
  • Os membros de ambas as Cámaras determinados proporcionalmente
  • A cámara baixa sería elixida pola poboación de varios estados
  • A Cámara Alta sería elixida pola cámara baixa nomeada polas lexislaturas estatais
  • A lexislatura sería moi poderosa
  • Planeouse un executivo, pero existiría para asegurar que se realizase a vontade da lexislatura, e elixida pola lexislatura
  • Formación dunha xudicatura, con duración de por vida
  • Un Consello de Revisión consistente no executivo e algunhas xudicaturas nacionais e tería o poder de vetar e revisar a lexislación nacional
  • A lexislatura nacional sería capaz de vetar leis estatais

O plan Nova Jersey editar

Algúns, como William Paterson, pensaron que se se lle daba demasiado poder ao goberno, ou aos estados máis grandes, estes poderían destruír aos estados máis pequenos e tomar o control da Cámara, e os estados máis pequenos terían pouca influencia en futuras cuestións no país. O Plan de Nova Jersey era en gran parte unha resposta ao Plan Virxinia. Paterson relatou o plan á Convención o 15 de xuño de 1787. Este incluía:

  • O actual Congreso mantíñase, pero gañaba novos poderes. Por exemplo, o Congreso podería impor impostos e forzar a súa recadación
  • Crearíase un executivo, decidido polo Congreso (o Plan tivo en conta un executivo multipersoal)
  • O executivo serviría por un só mandato e estaría suxeito a ser retirado a petición de gobernadores estatais
  • Unha xudicatura designada polo executivo, con duración de por vida
  • As Leis decretadas polo Congreso terían prioridade sobre leis estatais
  • A lexislatura unicameral provería a cada estado dun voto

O Gran Compromiso editar

 
Sala das sesións en Filadelfia

Roger Sherman estaba ben visto na convención, e era respectado por moitos dos outros membros. Na mañá do 11 de xuño, Sherman propuxo: "que a proporción de sufraxio na primeira cámara debería corresponderse ao respectivo número de habitantes libres; e na segunda cámara ou Senado, cada Estado debería ter un voto e non máis." Ao principio esta proposta foi rexeitada como demasiado radical. Máis tarde cando ningunha das partes chegaba a un pacto, chegouse a un acordo, coñecido como o 'Gran Compromiso' seguindo o plan de Sherman de ter a Cámara de Representantes dos Estados Unidos baseada na poboación e no Senado cada estado conseguiría unha cantidade igual de Senadores. Este tamén foi coñecido como o 'Compromiso de Connecticut'.

A escravitude editar

Moitas cuestións quedaban aínda sen resolver. Entre as máis importantes estaba o espiñento tema sobre as cuestións que rodeaban á escravitude. Os escravos supuñan preto dun quinto da poboación nas colonias americanas. A maior parte vivían nas colonias do sur, onde os escravos compuñan un 40 por cento da poboación. Se a escravitude debía permitirse e continuar baixo a nova constitución era unha cuestión de conflito entre o norte e o sur, con varios estados sureños que rexeitaban a entrada na unión se a escravitude prohibíase. Por iso non había ningunha discusión seria sobre a abolición da escravitude.

 
James Wilson, promotor do "compromiso dos tres quintos"

A cuestión relacionada coa escravitude máis discutible era a pregunta de se os escravos serían tidos en conta como parte da poboación na determinación da representación no Congreso ou eran considerados como propiedade e sen dereito á representación. Os delegados de estados con gran poboación de escravos sostiveron que os escravos deberían ser considerados persoas na determinación da representación, pero como propiedade se o novo goberno ía impor impostos aos estados en base á poboación. Os delegados de estados onde a escravitude desaparecera ou case desaparecera, sostiñan que os escravos deberían ser incluídos nos impostos, pero non na determinación da representación.

Finalmente o Compromiso dos Tres-Quintos foi proposto polo delegado James Wilson e adoptado pola convención. Por este comprosiso só tres-quintos da poboación de escravos sería contado para obxectivos de enumeración tanto á hora da distribución de impostos como na repartición dos membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos.

Despois do Compromiso dos Tres-Quintos, outra controversia fixo aparición: Que debería facerse sobre a trata de escravos, a importación de novos escravos nos Estados Unidos? Isto estaba prohibido en dez estados. Moitos delegados denunciárono acaloradamente. Pero tres estados, Xeorxia e as dúas Carolinas, que o permitían, ameazaron con abandonar a convención se se prohibía o comercio. En efecto eles pospuxeron a decisión sobre trata de escravos debido á súa conflitiva natureza. Os delegados na Convención non quixeron que a súa ratificación fallase debido ao conflito sobre a escravitude. Polo tanto, un comité especial acordou outro compromiso: o Congreso tería o poder de prohibir a trata de escravos, pero non antes de que polo menos pasasen 20 anos (a partir do 1 de xaneiro de 1808).

Redacción e firma editar

 
Rexistro de votos da Convención constitucional

A finais de xullo, a convención designou un comité para redactar un documento baseado nos acordos que foran alcanzados. Logo doutro mes de discusión e refinamento, un segundo comité, o Comité de Estilo e Arranxo, encabezado por Gouverneur Morris, xunto con Hamilton, Guillermo Samuel Johnson, Rufus King, e Madison, elaboraron a versión final, que foi presentada para a súa firma o 17 de setembro. Morris é considerado na actualidade, como entón, o principal responsable do documento final, incluído o conmovedor preámbulo.

Non todos os delegados estiveron satisfeitos cos resultados; algúns se retiraron antes da cerimonia, e tres deles permaneceron pero rexeitaron asinar: Edmund Randolph e George Mason de Virxinia, e Elbridge Gerry de Massachusetts. George Mason esixiu unha Carta de Dereitos para que el apoiase a Constitución. A Bill of Rights foi finalmente engadida e está considerada como o compromiso final da Convención. Dos 39 que asinaron, probablemente ninguén estivo completamente satisfeito, pero esa é a natureza dun compromiso. As súas opinións foron habilmente resumidas por Benjamin Franklin, que dixo, "hai varias partes desta Constitución que non aprobo actualmente, pero non estou seguro que nunca os aprobarei. ... Dubido tamén se algunha outra Convención que podemos conseguir, poida ser capaz de facer unha Constitución mellor. ... Polo tanto sorpréndeme, Señor, atopar un sistema que se achega tanto a perfección como este; e creo que isto sorprenderá aos nosos inimigos ..."

Os delegados asistentes editar

Os 55 delegados que redactaron a Constitución incluíron á maior parte dos líderes máis destacados, chamados Pais Fundadores, da nova nación. Thomas Jefferson, que estaba en Francia durante a convención, dixo, "Isto é realmente unha asemblea de semideuses". Eles representaron unha ampla variedade de intereses, transfondos, e rangos na vida, aínda que a gran maioría deles fosen terratenentes ricos, e todos eran homes brancos. Había trinta e dous avogados, once comerciantes, catro políticos, dous militares, dous doutores, dous profesores/educadores, un inventor, e un agricultor. A Convención foi sobre todo construída pola fe cristiá incluíndo Congregacionistas, Episcopalistas, Luterans, Metodistas, Presbiterianos, Cuáqueros, e Católicos Romanos. Thomas Jefferson e John Adams non asistiron; estaban no estranxeiro, en Europa, pero escribiron a casa para animar aos delegados. Patrick Henry estaba tamén ausente, pois rexeitou ir ao "cheirar algo raro en Filadelfia, tendendo cara á monarquía."

 
George Washington actuaba como presidente da Convención.
 
Gouverneur Morris, autor de gran parte de seccións da Constitución, incluíndo o Preámbulo.
 
Benjamin Franklin foi o delegado de maior idade na Convención.
  • Carolina do Norte
    • Alexander Martin*
    • William Richardson Davie*
    • Richard Dobbs Spaight
    • William Blount
    • Hugh Williamson
  • Carolina do Sur
    • John Rutledge
    • Charles Pinckney
    • Charles Cotesworth Pinckney
    • Pierce Butler
  • Connecticut
    • William Samuel Johnson
    • Roger Sherman
    • Oliver Ellsworth*
  • Delaware
    • George Read
    • Gunning Bedford, Jr.
    • John Dickinson
    • Richard Bassett
    • Jacob Broom
  • Maryland
    • James McHenry
    • Daniel of St. Thomas Jenifer
    • Daniel Carroll
    • John Francis Mercer*
    • Luther Martin*
  • Massachusetts
    • Elbridge Gerry*
    • Nathaniel Gorham
    • Rufus King
    • Caleb Strong*
  • New Hampshire
    • John Langdon
    • Nicholas Gilman
  • Nova Jersey
    • David Brearley
    • William Houston*
    • William Paterson
    • William Livingston
    • Jonathan Dayton
  • Nova York
    • Robert Yates*
    • Alexander Hamilton
    • John Lansing, Jr.*
  • Pennsylvania
  • Rhode Island
    • Non designaron
  • Virxinia
    • George Washington
    • Edmund Randolph*
    • John Blair
    • James Madison
    • George Mason*
    • George Wythe*
    • James McClurg*
  • Xeorxia
    • William Few
    • Abraham Baldwin
    • William Pierce*
    • William Houstoun*

(*) Non firmaron o borrador final da Constitución dos Estados Unidos

Ligazóns externas editar

(Todos en inglés)