Abrir o menú principal

Un Consello Insular (en catalán: Consell Insular) é unha institución propia de autogoberno nas Illas Baleares (illas de Mallorca, Menorca, Eivisa e Formentera).

Os seus membros son elixidos por sufraxio universal directo dos cidadáns de cada illa. Segundo o artigo 66 do Estatuto de Autonomía das Illas Baleares, o Presidente do Consello Insular é elixido polo Pleno entre os seus membros. Pode cambiar mediante unha moción de censura posterior. Os Consellos insulares abarcan diversas competencias establecidas no Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 1983.

RegulamentoEditar

Os Consellos Insulares réxense polo establecido no Estatuto de Autonomía das Illas Baleares (capítulo IV do título IV: artigos 61 a 74), desenvolvido neste punto pola Lei 8/2000, de 27 de outubro, de consellos insulares. O seu réxime de financiamento está regulado na Lei 2/2002, de 3 de abril, de sistema de financiamento definitivo dos consellos insulares.

Igualmente, cada consello insular dictou un regulamento orgánico propio no que se definen os órganos que os integran e as funcións que desenvolven.

OrganizaciónEditar

Dende a aprobación do Estatuto de Autonomía de 2007 os membros dos consellos insulares son elixidos para un mandato de catro anos en eleccións separadas ás eleccións a deputados do Parlamento das Illas Baleares, excepto no caso do Consello Insular de Formentera, formado polos concelleiros do Concello de Formentera.

En cada consello insular hai necesariamente un pleno, un presidente e un consello executivo (este último non é obrigatorio no caso do Consello Insular de Formentera), ademais de todos os demais órganos complementarios que cada consello poida crear no seu regulamento orgánico. Así, por exemplo, as competencias de urbanismo e ordenación do territorio exércense mediante comisións insulares de urbanismo e ordenación do territorio.

Consellos insularesEditar