Consello Insular de Formentera

O Consello Insular de Formentera (en catalán: Consell Insular de Formentera) é a institución de autogoberno da illa de Formentera, nas Baleares, que exerce as funcións de concello e de consello insular.

Bandeira de Formentera.
Sinal oficial do Consello Insular de Formentera.

Creouse en 2007 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. O novo Consello foi constituído 45 días despois das eleccións locais do 27 de maio de 2007, o 10 de xullo do mesmo ano. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.

Historia editar

O Consell de Formentera xorde logo da separación do seu órgano antecesor, o Consello Insular de Eivisa e Formentera que dispoñía o Estatuto. A proposta foi aprobada no pleno municipal o 15 de decembro de 2005, e incluída no artigo 60 do Estatuto aprobado o 13 de xuño de 2006.

O primeiro Consello de Formentera foi constituído o 10 de xullo de 2007 no antigo cine de Sant Francesc de Formentera, e escolleu a Jaume Ferrer Ribas, candidato de Gent per Formentera, como presidente.[1]

O 17 de novembro de 2009 o Consello de Formentera escolleu unha nova bandeira e un novo escudo para a corporación.[2]

Composición editar

O Consello de Formentera está formado por trece conselleiros, que son ademais concelleiros, elixidos cada catro anos nas eleccións locais.

Eleccións de 2007 editar

As primeiras eleccións ao Consello, que tiveron lugar o 27 de maio de 2007, gañounas Gent per Formentera, unha formació localista e de esquerdas que obtivo máis de 1.100 votos e 5 concelleiros, máis de 100 votos máis que o PP, que tivo pouco máis de 1.000 e 4 concelleiros. Máis lonxe, o Partido Socialista en Formentera e o Grupo de Independentes de Formentera obtiveron 2 concelleiros cada un.

Os socialistas e Gent per Formentera chegaron a un acordo polo que Jaume Ferrer Ribas foi elixido alcalde de Formentera e, consecuentemente, presidente do primeiro Consello de Formentera.

Candidaturas Votos Porcentaxes Conselleiros
GxF 1.134 32,78% 5
PP 1.068 30,88% 4
PSOE 679 19,63% 2
GUIF 518 14,98% 2
 
Composición do consello de Formentera en 2007

Eleccións de 2011 editar

Nas eleccións do 22 de maio de 2011 Gent per Formentera volveu ser o partido máis votado, pero esta vez goberna en minoría, sen conseguir acordo co PSIB-PSOE.

Candidaturas Votos Porcentaxes Conselleiros
GxF 1.662 44,04% 6
S'Unió 1.308 34,66% 5
PSOE 577 15,29% 2

Lista de presidentes editar

No. Nome Inicio Fin Partido
1. Jaume Ferrer Ribas 10 de xullo de 2007 Actualidade GxF

Notas editar

  1. "Diario de Ibiza, 10/07/2007". Arquivado dende o orixinal o 24/11/2011. Consultado o 04/07/2013. 
  2. Diario de Ibiza, 18/11/2009

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar