Sant Francesc de Formentera
Sant Francesc de Formentera é a capital e a vila principal de Formentera, sede do concello e dos principais servizos da illa. Forma unha das tres parroquias de Formentera.
Segundo o padrón municipal de 2006, tiña 931, pero a maioría de poboación está dispersada.
HistoriaEditar
Despois do repoboamento a principios do século XVIII, a poboación estableceuse ao redor da antiga capela de sa Tanca Vella e construíuse un novo templo que á vez servía de fortaleza para refuxiarse. Foi inaugurado o 15 de maio de 1726 e dedicado a Sant Francesc Xavier. Na contorna da igrexa construíronse as primeiras casas que se denominaban Poble de Formentera.
Lugares de intereseEditar
- Igrexa de Sant Francesc, século XVIII.
- Capela de sa Tanca Vella, século XIV, dedicada a Sant Valero.
- Muíños de sa Miranda. Preto de Sant Francesc, atópanse os muíños de fariña de sa Miranda. Desde os muíños tense unha ampla panorámica onde se atopan estaños, brazos de terra e mar: l'estany des Peix, l'estany Pudent, es Pujols, o Parque Natural de ses Salines, e Trucadors.
- Museu d'Etnografia de Formentera
FestividadesEditar
- 25 de xullo, festa de San Xaime, patrón de Formentera.
- 3 de decembro, festa de San Francisco Xavier.