Abrir o menú principal

Conquista do Deserto

A Conquista do Deserto foi a campaña militar realizada pola República Arxentina entre 1878 e 1885, pola que ingresou ó territorio e derrotou s tribos, pobos ou nacións (segundo o bando) mapuche, ranquel e tehuelche e que tivo como principais consecuencias a incorporación á soberanía da República Arxentina dunha ampla zona da rexión pampeana e da Patagonia (chamada Puelmapu polos mapuches) que até ese momento estaba dominada polos pobos indíxenas vencidos que sufriron a aculturación, a perda das súas terras e a súa identidade ó seren recolocados pola forza en reservas indias ou trasladados para servir como man de obra forzada.[6][7][8]

Conquista do Deserto
La conquista del desierto.jpg
A Conquista do Deserto, cadro de Juan Manuel Blanes.
Data 18781885
Lugar Pampas e Patagonia
Resultado Vitoria arxentina sobre os indíxenas
Belixerantes
Flag of Argentina.svg Goberno da República Arxentina Pobos mapuche, ranquel e tehuelche
Líderes
Julio Argentino Roca
Nicolás Levalle
Eduardo Racedo
Napoleón Uriburu
Hilario Lagos
Ignacio Coliqueo
Conrado Villegas
Rufino Ortega
Lorenzo Vintter
Liborio Bernal
Juan Calfucurá
Inacayal
Tripailao
Manuel Baigorrita
Peyeumán
Painé
Manuel Namuncurá
Feliciano Purrán
Vicente Catrinao Pincén
Valentín Sayhueque
Mariano Rosas
Epumer Rosas
Renquecurá
Alvarito Rumay
Forzas en combate
6000 soldados (1879)[1]
1000 aliados indíxenas(1873)[2]
8000 de Calfucurá (1872)[3][4]
5000 de Namuncurá (1875)
5000 de Sayhueque (1877)[5]

Os feitos son obxecto de debate e visións diferentes, tanto dentro como fóra dese país. A posición tradicional arxentina sostén que se tratou dunha xesta militar e unha guerra lexítima respecto da efectiva soberanía da República Arxentina sobre territorios herdados do Imperio español e que respondeu aos malóns mapuches sobre a fronteira.[9] Contra a posición tradicional arxentina, políticos e xornalistas arxentinos da época, denunciaron o que consideraron un "crime de lesa humanidade" cometido polo Exército Arxentino.[10]

A posición tradicional das comunidades mapuche, tehuelche e ranquel sostén que se tratou dunha invasión ilexítima dos huincas arxentinos sobre territorios ocupados polos seus devanceiros.

Outra postura arxentina cuestiona a actuación do Estado arxentino contra as nacións indíxenas, tanto pola violencia con que se desenvolveu a conquista, como pola imposición unilateral, a insuficiencia de dereitos e o obxectivo de beneficiar un grupo de terratenentes. Unha opinión máis recente, compartida polas comunidades indíxenas, un sector arxentino e estudosos doutras nacionalidades, sostén que se tratou dun xenocidio e un etnocidio institucional.[11]

Nun sentido histórico máis amplo, o termo inclúe tamén as campañas previas á Conquista do Deserto, é dicir, o conxunto de expedicións militares levadas a cabo polos gobernos nacionais e provinciais arxentinos que se sucederon, en contra dos indíxenas, antes da gran campaña de 1879.

NotasEditar

  1. "El Historiador “La conquista del desierto”". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 4 de abril de 2017. 
  2. Alfredo Marcelo Serres Güiraldes. La estrategia del general Roca. Buenos Aires: Editorial Pleamar, 1979, pp. 223.
    En cuanto a la tribu de Cipriano Catriel -que como ya hemos visto prestó tan buenos servicios al gobierno nacional— (...) El 11 de diciembre de 1873, al frente de 1000 guerreros —de los cuales 800 portaban lanzas, 50 armas de fuego y el (...).
  3. Bengoa, José (2000) [1985]. Historia del pueblo mapuche: siglo XIX y XX. Santiago de Chile: LOM Ediciones, pp. 259. ISBN 956-282-232-X.
  4. Juan Carlos Coria (2004). Julio Argentino Roca: de soldado a presidente. Buenos Aires: Círculo Militar, pp. 53. ISBN 978-9-50982-267-2. As tribos da Pampa eran capaces de mobilizar 9.000 lanzas entre as hostes chadiches de Calfucurá e o seu fillo Namuncurá, de Renquecurá, as ranqueis de Catriel, de Baigorrita, Mariano Rosas e Ramón Cabral, de Ramón Tripailao e Manuel Grande e de Pincén.
  5. Juan Guillermo Durán. "Catecismos pampas (1870-1885): circunstancias históricas y alcances pastorales". Revista de la Facultad de Teología de la Pontificia Universidad Católica Argentina. ISSN 0328-1396, Nº. 69, 1997, pp. 25-26. As cifras que tratan sobre a diminución sufrida contra 1878 da poboación dos salvajes provén de Estanislao Zeballos, La conquista de quince mil leguas, 1878, pp. 296; 298-299; 308; 319. Obtidos grazas ás informacións dadas polas diversas embaixadas de indíxenas enviadas a falar co goberno, en particular unha enviada en 1877.
  6. Hanglin, Rolando. "La cuestión mapuche". 
  7. "El viaje de los mapuches de Araucanía a las pampas argentinas: una aproximación a sus significados socioculturales (siglos XIX y XX)". 
  8. Bengoa, José (2000). Historia del pueblo mapuche Siglo XIX y XX. Santiago de Chile: LOM. p. 99. ISBN 956282232X. 
  9. Trímboli, Javier.
  10. Os días 16 e 17 de novembro de 1878 o diario La Nación, dirixido polo ex-presidente Bartolomé Mitre, publicou un artigo sobre a matanza de 60 indíxenas desarmados por tropas arxentinas ó mando do coronel Rudecindo Roca, irmá do xeneral Julio Argentino Roca, cualificando o acto como "crime de lesa humanidade" e de non respectar "las leyes de la humanidad ni las leyes que rigen el acto de la guerra" (as leis da humanidade nin as leis que rexen o acto da guerra).
  11. "Los pobladores del “desierto” Genocidio, etnocidio y etnogénesis en la Argentina por Miguel Alberto Bartolomé".