Abrir o menú principal

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias

(Redirixido desde "Conde de Noroña")

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias, conde de Noroña, nado en en Castelló de la Plana en 1760 e finado en Madrid en 1815, foi un militar e escritor español, que se distinguíu durante a Guerra da Independencia española. Con frecuencia é citado, erradamente, como conde de Noreña.

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias
Nacemento6 de maio de 1760
 Castelló de la Plana
Falecemento1815
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

O militarEditar

Gaspar Nava Álvarez naceu en Castelló en 1760, cando seu pai era gobernador militar da cidade. Ingresou no exército español e serviu no asedio de Xibraltar (1782). Durante a Guerra do Rosellón, alcanzou o grao de coronel (1793). Foi embaixador acreditado perante o tsar de Rusia. Durante a Guerra da Independencia española incorporouse no Exército da Esquerda, baixo o mando do marqués de la Romana, como segundo comandante xeneral. Séndolle encomendada a misión de obstaculizar o avance do marechal Ney cara Vigo, o conde de Noroña dispuxo as súas tropas nos arredores de Ponte Sampaio, lugar que defendeu entre os días 7 e 9 de xuño de 1809, obrigando a retirarse a Ney. A vitoria liberou o sueste da Galiza dos franceses.

Aínda que Gaspar Nava figura nalgunhas listas como Capitán xeneral de Galiza en dúas datas distintas do ano 1809, en realidade este cargo ocupouno como subcomandante do marqués de la Romana, ante a imposibilidade deste de exercer o seu cargo, a súa función foi pois delegada. Como tal fíxose cargo da autoridade legal na Galiza e emitiu bandos. En 1811 foi nomeado gobernador militar de Cádiz.

O escritorEditar

O conde de Noroña foi tamén escritor de poemas e atribúenselle algunhas obras teatrais. Aínda que hoxe está bastante esquecido como escritor, foi no seu tempo un representante da poesía neoclasicista e prerromántica, amigo e compañeiro de armas de José Cadalso e admirador de Meléndez Valdés.

Obras publicadasEditar

  • Poesías. Madrid. Imprenta de Vega y Compañía. 1799-1800.
  • Odas al coronel del regimiento de la Posma. Imprenta de la Calle de la Greda. 1807.
  • Omníada: poemas. Madrid. Imprenta Real. 1816, 2 vols.
  • Poesías asiáticas puestas en verso castellano. París. Imp. Julio Didot. 1833, é unha antoloxía de poesía árabe que foi publicada postumamente. Nava non as traducíu do árabe directamente, senón que as trasladou doutras antoloxías occidentais, en inglés, latín etc.

Existe unha escolma, relativamente recente, dos seus poemas sob o título: Antología poética. Edición de Santiago Fortuño Lloréns. Madrid. Cátedra. 1997.

Véxase taménEditar