Condado de Treviño
Coordenadas: 42°44′05″N 2°44′50″O / 42.734722222222, -2.7472222222222
Condado de Treviño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño.
Condado de Treviño | |
---|---|
![]() |


Historia Editar
Na pedanía de Laño aínda se poden ver as covas artificiais que foran habitadas por ermitáns hai uns mil quiñentos anos. O conxunto de Las Gobas conserva gravados de figuras de animais e inscricións.
A fundación oficial de Treviño tivo lugar en 1161 polo rei de Navarra Sancho VI o Sabio, mais en 1200 pasa a poder de Castela logo da vitoria obtida polo rei castelán Afonso VIII, durante a guerra sostida contra o monarca navarro, pasando a ser, desde ese momento, o Condado de Treviño unha parte máis de Castela ata hoxe.
Ao ficar nunha encrucillada de vías durante a Idade Media, desenvolveuse aquí unha próspera poboación xudía. Sáseta foi unha das aldeas que antes se desenvolveron, ao estar na entrada no Condado do "Camiño do Viño e o Peixe" (Camiño Real que comunicaba os vales do Ebro coa costa cantábrica).
O 8 de abril de 1366, Henrique II de Trastámara concedeu a Pedro Manrique, como pago polos servizos por el emprestados, a vila de Treviño de Uda, con todas as súas aldeas e termos, polo que a comarca pasa de ser zona de reguengo a zona de señorío. Un bisneto de Pedro, Diego Gómez Manrique, recibiu do rei Xoán II de Castela, en 1453, o título de conde de Treviño. Un fillo deste, Pedro Manrique de Lara, recibiu dos Reis Católicos o título de duque de Nájera, título que hoxe día ostentan aínda.
No século XVI, os condes de Treviño, que eran xa, desde 1593, duques de Nájera, construíron o seu pazo, na actualidade Casa do Concello da Vila.
Política Editar
As eleccións de 2003 deron, no concello de Condado de Treviño, cinco concelleiros á Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño e catro ao Partido Popular. A Agrupación Electoral Independiente, favorábel a que o condado pase a depender administrativamente de Áraba, fíxose co goberno municipal.
As eleccións municipais de 2007 deron, no municipio de Condado de Treviño, catro concelleiros ao Partido Popular, tres concelleiros á Agrupación Electoral Indepiendente del Condado de Treviño, un para o PSOE e outro para ANV.
En 2011 EAJ/PNV e Bildu logran un concelleiro cada un sendo o único municipio non vasco nin navarro con representación de devanditos partidos nacionalistas.
Reivindicación territorial Editar
Desde hai ben anos, as forzas políticas presentes en Áraba reclaman e consideran este territorio como parte de Áraba. Celebrouse unha consulta e a maior parte da poboación, residente en Treviño, mostrouse a favor de solicitar un referendo ao respecto. A Deputación de Burgos e a Xunta de Castela e León, pola súa parte, opóñense a que o Condado deixe de formar parte de Burgos.
O Estatuto de Autonomía de Castela e León esixe, para que Treviño se incorpore a Áraba, un informe favorábel da provincia de Burgos e da Comunidade Autónoma de Castela e León, así como a aprobación polas Cortes Xerais mediante Lei Orgánica. O goberno e o parlamento vascos presentaron un recurso de inconstitucionalidade nos anos 80 contra o devandito Estatuto, que foi desestimado polo Tribunal Constitucional.
Mentres tanto o nacionalismo castelán reivindica a pertenza de Treviño a Burgos e a Castela e León, avogando por continuar coa situación actual.
Dáse a curiosa situación que desde hai varios lustros proliferaron no Condado moreas de urbanizacións de chalés en ringleira dada a proximidade da cidade de Vitoria, sendo a gran maioría dos residentes vitorianos que cambiaron o seu piso na capital do País Vasco por un chalé no Condado burgalés.