Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño

A Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño (Agrupación Electoral Independente do Condado de Treviño en galego) (AEI) é unha agrupación de electores que actúa no enclave burgalés de Treviño, concretamente no concello do Condado de Treviño.

Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño
Tipopartido político español
IdeoloxíaNacionalismo vasco e Áraba
Data de fundación1991
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia e ideoloxía do partido editar

A AEICT ten como un dos seus obxectivos principais a integración do enclave de Treviño en Áraba.[1] Os seus argumentos a prol da integración son a vontade da maioría dos treviñeses, e os problemas que sofre Treviño, especialmente no eido dos servizos públicos, polo feito de pertencer a Burgos.[2]

Eleccións municipais editar

Mentres que nas eleccións de 2003 AEICT se fixo co goberno municipal, nas eleccións municipais de 2007, obtiveron só 4 dos 11 concelleiros (PP: 5 concellarías; AEICT: 4; ANV: 1; PSOE: 1).

Nas eleccións municipais de 2011 a AEICT obtivo 2 dos 9 concelleiros que compoñen a corporación municipal (PP: 3 concellarías; Agrupación Ciudadanos Condado de Treviño: 2; AEICT: 2; PNV: 1; Bildu: 1). Tras un período de goberno municipal do PP en minoría, o 14 de decembro de 2012, grazas a unha moción de censura, o representante da AEICT Ignacio Portilla obtivo a alcaldía.

O novo alcalde xunto co alcalde de La Puebla de Arganzón[3] lidera unha iniciativa para pedirlle ao Goberno Vasco[4] que formule ao Congreso dos Deputados unha petición de integración do Condado de Treviño en Áraba.[5] O que provocou o rexeitamento desta iniciativa por banda da Xunta de Castela e León[6][7] e a Deputación de Burgos[8].

Nas eleccións municipais de 2015, a agrupación obtivo dous concelleiros.[9]

Notas editar