Concha Liaño Gil

activista anarcofeminista española

Concepción Liaño Gil, máis coñecida como Concha Liaño, nada en Épinay-sur-Seine (Francia) o 24 de novembro de 1916 e finada en Caracas (Venezuela) o 19 de abril de 2014, foi unha activista anarquista. Cofundadora do movemento Mujeres Libres, participou na revolución social española do 1936.[1]

Infotaula de personaConcha Liaño Gil
Biografía
Nacemento(es) Concepción Liaño Gil Editar o valor em Wikidata
24 de novembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Épinay-sur-Seine (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte19 de abril de 2014 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaAnarquismo feminista Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata
ConflitoRevolución social española de 1936 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pasou a infancia en Barcelona, onde estudou un ano na Escola Francesa da cidade e dous anos coas monxas salesianas.[2] Aos 15 inscribiuse nas Juventudes Libertarias. En 1935 fundou con outras mulleres a Agrupación Cultural Femenina. En Madrid existía xa a revista Mujeres Libres, o que levou á fusión de ambas iniciativas na Federación Nacional de Mujeres Libres. Concha Liaño e Soledad Estorach Esterri foron responsábeis da extensión do movemento en Cataluña. Nado co obxectivo de ser «o movemento feminino da CNT», segundo Concha Liaño, tanto este sindicato como as Juventudes Libertarias tiveron reticencias cara a dito movemento de mulleres, ao que trataban con certa condescendencia:

«Nós pretendemos ser o movemento feminino da CNT, mais non nos aceptaban.[3] Agora tantos anos despois acéptannos. Entón o machismo, como agora, era algo como xenético. Durante a guerra tratábannos con moita dificultade, mais si, axudábannos, a duras penas mais facíano. Esa era a mentalidade de entón».[4]

Tras o estalido da Guerra Civil Española, formou parte do Comité Revolucionario do barrio barcelonés de San Martín de Provençals e das Juventudes Libertarias do Hospital de San Pedro. En 1937 foi redactora do periódico Mujeres Libres.[2]

Tras a derrota do bando republicano en 1939, Concha Liaño exiliouse en Francia. Alí logrou fuxir dun dos campos de concentración en que as autoridades francesas confinaban as e os refuxiados procedentes de España. Trasladouse a París e logo a Bordeos, e colaborou coa Resistencia francesa. Porén, a dificultade de asumir a derrota da República e da Revolución social, acrecentada pola continuidade do franquismo tras a segunda guerra mundial, sumiuna nunha crise persoal que incluíu un intento de suicidio. Por suxestión de compañeiras e compañeiros, trasladouse en 1948 a Venezuela coa súa única filla, quen daquela tiña cinco anos. Traballou como empregada dunha aeroliña en Maracaibo e máis tarde trasladouse a Caracas. Finou nesta cidade o 19 de abril de 2014.[5]

Liaño foi partidaria do expresidente venezolano Hugo Chávez. Chegou a definilo como «un enviado de Deus».[6]

No cinema editar

En 1996 o cineasta Vicente Aranda inspirouse nela e nas Mujeres Libres para o seu filme Libertarias. Con todo, Concha Liaño mostrouse moi crítica coa película.[4]

En 1997 foi unha das protagonistas do documental de J. Gamero Vivir la utopía.

Notas editar

  1. "Entrevista a Concha Liaño, feminista e histórica militante libertaria". Lo Que Somos (en castelán). 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "CONCHA LIAÑO DE MUJERES LIBRES". CNT Puerto Real (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  3. Amelie Anarcofeminista (15 de novembro de 2011). "Concha Liaño". Consultado o 14 de maio de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Carpio Olivo, Indira; Navarro, Ernesto J. (24 de xaneiro de 2012). "Entrevista a Concha Liaño: “Soy anarquista y también creo que Chávez es un enviado de Dios”". Aporrea (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2017. 
  5. "Ha fallecido Concha Liaño, compañera anarquista y la última mujer que nos quedaba con vida de MUJERES LIBRES". CGT (en castelán). 4 de maio de 2014. Consultado o 8 de maio de 2023. 
  6. "Concha Liaño: “Soy anarquista y también creo que Chávez es un enviado de Dios”". Patria Grande (en castelán). 9 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 14 de maio de 2017.