Concepción González Bello
Concepción González Bello, nada en Vigo en 1966, é unha investigadora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. En 2021 converteuse na primeira muller en recibir a medalla Ignacio Ribas que outorga a Real Sociedad Española de Química.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | investigadora |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2003–) Universidade de Cambridge (1999–1999) Universidade de Cambridge (1998–1998) Universidade de Cambridge (1997–1997) Universidade de Santiago de Compostela (1996–1997) Universidade de Cambridge (1994–1996) Universidade de Santiago de Compostela (1989–1994) |
Traxectoria
editarLicenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela en 1989, onde tamén realizou o doutoramento con estancias en Bélxica e os Estados Unidos. Posteriormente obtivo un contrato posdoutoral na Universidade de Cambridge durante dous anos.[2] Dende finais do 1996 é profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
A súa investigación céntrase principalmente no desenvolvemento de novas terapias para o tratamento das infeccións causadas polos patóxenos resistentes a múltiples fármacos.[1] [3] É editora académica da revista PLOS ONE (2015-), membro do Consello Asesor Internacional da revista Advanced Therapeutics (2017-), tesoureira do Grupo Especializado en Bioloxía Química da Real Sociedade Española de Química e xestora da Axencia Estatal de Investigacións, na subárea "Ciencias e Tecnoloxías Químicas (CTQ).[4]
Recoñecementos
editarEn 2021 foi galardoada coa Medalla Ignacio Ribas que outorga a Real Sociedad Española de Química.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (2021-05-03). "Concepción González Bello, primeira muller que recibe a medalla Ignacio Ribas". GCiencia. Consultado o 2021-05-07.
- ↑ Claramunt (2012)
- ↑ González Bello, Concepción. "La resistencia bacteriana a los antibióticos se agrava por la covid-19". The Conversation (en inglés). Consultado o 2021-05-07.
- ↑ "Concepción González Bello". The Conversation (en inglés). Consultado o 2021-05-07.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
Ligazóns externas
editar- Concepción González Bello No CIQUS da USC.