Real Sociedad Española de Química

A Real Sociedad Española de Química (RSEQ) é unha sociedade científica española adicada ó desenvolvemento e divulgación da química, tanto no seu aspecto de ciencia pura como no das súas aplicacións. Ten a súa orixe en 1980 trala escisión da Real Sociedad Española de Física y Química que á súa vez foi fundada en 1903.

Portada do primeiro número de Anales de la Sociedad Española de Física y Química, primeira publicación da sociedade precursora da RSEQ

A finalidade da RSEQ é "facilitar o avance e a mellora da actividade científica, docente, investigadora e profesional nos eidos das ciencias químicas e a enxeñaría química".[1]

A RSEQ é membro de EuCheMS (European Association for Chemical and Molecular Sciences) unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1970, que promove a cooperación entre sociedades científicas e técnicas europeas no eido da química.[2]

Presidentes da RSEQ editar

  • 1980-84: Joaquín Hernáez Marín
  • 1985-88: Francisco Fariña Pérez
  • 1989-92: Eldiberto Fernández Álvarez
  • 1993-96: Juan Antonio Rodríguez Renuncio
  • 1997-01: Carlos Pico Marín
  • 2001-06: Luís A. Oro Giral
  • 2006-12: Nazario Martín León
  • 2012-  : Jesús Jiménez Barbero

Notas editar

  1. "Bienvenida a la Real Sociedad Española de Química.". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  2. About EuCheMS. European Association for Chemical and Molecular Sciences.