Comunidade de Cristo

A Comunidade de Cristo, antes coñecida como a Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días ou RLDS. Con sede en Independence, Missouri, a fe comparte as súas orixes coa Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (a igrexa mormoa).

Amorno da Comunidade de Cristo en Independence, Missouri, USA. Dedicado en 1994

A historia das dúas máis grandes denominacións comeza a separarse coa morte do fundador, Joseph Smith, o 27 de xuño de 1844 en Carthage, Illinois. Os historiadores ás veces refírense á rama do Medio Oeste do movemento como os "Santos da Pradeira" ou "Xosefitas" e aos do Oeste (Utah) como os "Santos das Montañas Rochosas" ou "Brighamitas".

A Comunidade de Cristo ten hoxe aproximadamente 250.000 membros en 50 países. A igrexa posúe dous templos, o orixinal de Kirtland, en Ohio (un sitio histórico, parte do seu ministerio educativo) e o relativamente novo Templo de Independence, Missouri, que serve de sede mundial da Igrexa. A Igrexa xestiona a Universidade Graceland, con instalacións educativas en Lamoni (estado de Iowa) e en Independence (estado de Missouri). A Igrexa ademais posúe e xestiona sitios históricos no que foi o Vello Oeste en Missouri), Lamoni (estado de Iowa) e en Plano, e Nauvoo (en Illinois).

A Comunidade de Cristo está dirixida por unha primeira presidencia, que consta dun profeta-presidente e dous conselleiros. O ministerio da igrexa é supervisado polo Concilio dos Doce Apóstolos e coordinado a traves do mundo polos Quórums de Setentas, e as necesidades temporais da igrexa son administradas polo bispado presidente. Reunidos, estes quórums coñécense como o Concilio Conxunto. Cada dous anos, delegados de todo o mundo reúnense para votar sobre os asuntos da igrexa na Conferencia Mundial.

Durante as últimas décadas a igrexa progresou na súa misión, dedicándose a promover a tolerancia e redifiníndose como unha igrexa de "paz e xustiza". Algúns cambios inclúen a ordenación de mulleres ao sacerdocio (a través dunha revelación recibida polo pPresidente Wallace B. Smith en 1984) e o cambio de nome público da igrexa.

Historia da igrexa editar

Primeira época editar

Os primeiros anos da Comunidade de Cristo compárteos con outras denominacións do movemento dos Santos dos Últimos Días, o que se orixinou en Palmyra, Nova York baixo o liderado de José Smith Jr. Coa axuda de Oliver Cowdery e Martin Harris, Smith ditou e publicou escrituras e formou unha nova igrexa. Esta igrexa creceu rapidamente. As súas fortes crenzas, un Deus que se revela continuamente e as súas comunidades frecuentemente pareceron peculiares e algunhas veces ameazantes para quen non eran parte do movemento. Sufrindo oposición dos seus veciños, os primeiros Santos dos Últimos Días estableceron e foron hechados de varios lugares de reunión os que incluíron Kirtland, Ohio, Independence, Missouri, Far West, Missouri e finalmente Nauvoo, Illinois.

Período de "desorganización" editar

Logo da morte de Smith na prisión de Carthage, Illinois, o movemento caeu en confusión e desorganización polo asunto da sucesión. Varios líderes emerxeron clamando a presidencia da igrexa o que levou á formación de varias faccións. O grupo máis grande seguiu a Brigham Young, quen os levou ao que hoxe en día é Utah sendo coñecidos hoxe como A Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (mormones). Outros grupos foron formados por: Sidney Rigdon, James J. Strang, Lyman Wight, Alpheus Cutler, William Smith, e David Whitmer.

A "Reorganización" da igrexa editar

Moitos dos Santos dos Últimos Días crían que Smith designara ao seu fillo máis vello, Joseph Smith III, como sucesor e esperaron polo mozo Joseph a que tomará o lugar do seu pai. O Mozo Joseph tiña só 11 anos de idade á morte do seu pai; a súa nai Emma Ale Smith e a súa familia permaneceron en Nauvoo no canto de irse con algún dos líderes que pretendían a presidencia.

Durante os anos 1850, grupos de Santos dos Últimos Días do Medio Oeste que non estaban afiliados con ningunha facción comezaron a reunirse. Estes líderes que incluíron a Jason W. Briggs e Zenos H. Gurley. comezaron a chamar a unha Nova Organización do movemento dos Santos dos Últimos Días. eles convidaron ao mozo Joseph III a dirixir a Nova Organización quen aceptou só logo que recibiu unha confirmación espiritual de que era o curso correcto de acción. Na Conferencia en Amboy, Illinois o 6 de abril de 1860, Joseph III formalmente aceptou o liderado da que sería coñecida como a Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días. William Marks, quen servía como presidente da Estaca de Nauvoo á morte de José Smith Jr., serviu como conselleiro de Joseph III na reorganizada Primeira Presidencia.

Presidencia de Joseph Smith III editar

Inicialmente, Joseph III continuou vivindo en Nauvoo, pero ao pasar o tempo determinou mudarse. O mudouse a Plano, Illinois onde a imprenta da igrexa fora establecida e serviu como a sede da igrexa. Joseph III e os seus irmáns, Frederick G. W., Alexander Ale Smith, e David Hyrum Smith serviron en moitas misións para a igrexa, reunindo a moitos antigos Santos dos Últimos Días na Reorganizacíón.

Mentres a igrexa crecía, moitos membros sentiron a necesidade de reunirse e vivir algunhas dos ensinos dos comezos da igrexa. Aínda que Joseph III evitou chamar a un novo lugar de reunión, o apoiou os esforzos dos membros quen fundaron unha cidade chamada Lamoni ao oeste de Iowa. Smith III eventualmente mudouse a Lamoni, a que se converteu na sede da igrexa.

Durante a última parte do século XIX, Joseph Smith III e a igrexa víronse envolvidos nun xuízo contra a Igrexa mormoa pola propiedade do Templo de Kirtland, co que se gaño o título limpamente para a igrexa Comunidade de Cristo do Templo construído en 1835por Josepoh Smith Jr. En 1880, unha corte de Ohio ditou que a Igrexa Reorganizada era a continuadora legal da igrexa orixinal.

Ao final da súa vida, Smith III mudouse a Independence, Missouri, cidade que o seu pai dedicou como o "lugar central" para a cidade de Sión. El morreu o 10 de decembro de 1914, liderando a Igrexa Comunidade de Cristo por 54 anos.

Presidencias de Frederick M. Smith e Israel A. Smith editar

 
Auditorio en Independence, Missouri, Estados Unidos

O fillo de Joseph Smith III, Frederick Madison Smith, foi aceptado en 1915 como o seu sucesor na presidencia. Durante a presidencia de Frederick M., a igrexa mudou a súa sede a Independence, Missouri. A visión de Frederick M dunha igrexa crecente incluíu a construción dun enorme edificio para a sede mundial coñecido como o Auditorium. Frederick M. ademais impuxo un maior grao de centralización na administración da igrexa ao emitir a dirección do Control Supremo.

Logo da morte de Frederick Smith en 1946 foi sucedido polo seu irmán Israel Alexander Smith, quen presidiu nunha era de optimismo e crecemento logo do fin da segunda guerra mundial.

Presidencias de W. Wallace Smith e Wallace B. Smith editar

Logo a inesperada morte de Israel A. Smith en 1958, foi sucedido polo seu irmán W. Wallace Smith, o terceiro fillo de Joseph III en converterse en presidente da Igrexa. Logo de asumir o seu cargo, W. Wallace chamou ao Profesor da Universiad de Graceland Roy Cheville para ser o Evanxelista Presidente da Igrexa. Esta acción foi nova porque o oficio fora até o momento tomado por un membro da familia Smith.

En 1976, W. Wallace Smith designou ao seu fillo Wallace B. Smith como o seu sucesor. Wallace B. asumiu a presidencia en 1978 logo de dous anos de preparación. W. Wallace entón retirouse e converteuse no primeiro Presidente Emérito até a súa morte en 1989. En 1984, a igrexa estendeu a ordenación ao sacerdocio a mulleres por primeira vez a través dunha revelación. Wallace B. tamén anunciou que a igrexa construiría un templo, dedicado á paz, en Independence. Cando o templo foi completado e dedicado o 17 de abril de 1994.

Presidencia de W. Grant McMurray editar

Aínda que o patrón fora que a presidencia levase a través da liña de José Smith Jr., Wallace B. designou a W. Grant McMurray como o seu sucesor. McMurray servira no Departamento Histórico da Igrexa desde que tiña 26 anos, até o seu chamado como Secretario da Igrexa en 1982. McMurray converteuse no Profeta/Presidente en 1996 e Wallace B. converteuse en Presidente Emérito.

Na Conferencia Mundial en 2000, a igrexa votou para cambiar o seu nome de "Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días" ao seu actual nome, a "Comunidade de Cristo", a que define máis claramente o propósito da igrexa. Este cambio efectuouse o 6 de abril de 2001.

O 29 de novembro de 2004, W. Grant McMurray resignouse da súa posición como Profeta/Presidente. Os outros dous membros da Primeira Presidencia, presidentes Kenneth N. Robinson e Peter A. Judd, continuaron funcionando no seu rol de liderado. Os presidentes Robinson e Judd en conformidade coa guía e pauta de instrución en sucesión dada por Joseph Smith III anunciaron que o Consello dos Doce Apóstolos, en conxunto aos outros quórumes do sacerdocio da igrexa, considerarían quen debería suceder a McMurray. O 7 de marzo de 2005, os Doce anunciaron a súa convicción de que Stephen M. Veazey era chamado por Deus a ser o próximo Profeta-Presidente da Comunidade de Cristo. Unha Conferencia Mundial especial foi levada a cabo en xuño do 2005 onde a igrexa en xeral tivo a oportunidade de soster a Veazey como o novo profeta e presidente da Comunidade de Cristo.

Presidencia de Stephen M. Veazey editar

Stephen M. Veazey é o actual Profeta e Presidente da Comunidade de Cristo. Antes á súa ordenación a este oficio o 3 de xuño de 2005, serviu como membro do Concilio dos Doce Apóstolos. El é o oitavo presidente da Comunidade de Cristo.

Como ministro de tempo completo desde 1982 foi ordenado Presidente dos Setentas na Conferencia Mundial de 1988 e como Apóstolo en 1992. En abril de 2002 foi apartado como Presidente do Concilio dos Doce e director dos Campos apostólicos. Tamén el foi responsable do ministerio de plantación de novas congregacións e ministerios para mozos.

As súas asignacións previas foron na área misioneira e administrativa no campo de misión do sur dos Estados Unidos, incluíndo Florida, os estados do golfo de México, Sur Central e rexións do Sueste, o campo de África e a rexión do leste nos Estados Unidos (Estaca de Saint Louis, Rexións Centro-Este e Centro-Sur, Rexión Centro-Norte, Estudos de liderado avanzado na sede mundial e ministerio para afroestadounidenses).

Antes de 1983, Veazey foi ministro executivo na congregación de Fremont, California e tamén foi encargado do programa de desenvolvemento misioneiro na Estaca San Francisco Bay.

O señor Veazey asistiu á Henry County High School no estado de Tennessee e obtivo o seu grao de Bacharel en Ciencias na Universidade de Tenneesee. Logo recibiu o seu mestrado en Artes de Relixión no Park College en 1985.

O seu servizo adicional á Igrexa foi en varios roles incluíndo unha asignación baixo contrato cando era adulto-moza por dous anos na rexión do Pacífico Noroeste, Pórtland Metropolitano, Director de Campos e Seminarios para mozos, Ministro asociado para ministerio do campo para mozos, "Ancián" presidente e conselleiro na congregación de Paris, en Tennessee.

No seu primeiro sermón como presidente, Stephen M. Veazey exhortou os membros da igrexa a seren discípulos activos e a compartir a plenitude da paz de Cristo. Ademais, ofreceu desculpas no seu nome e no da igrexa a todos aqueles que foron feridos as accións desa confesión ou dos seus membros. Tamén pediu aos fieis deixar de ser divisivos e a deixar de porse cualificativos. Animou os membros a asumir as súas diferenzas e a chamarse, sen importar o diferentes que sexan as súas concepcións teolóxicas e morais, irmás e irmáns en Cristo.

Doutrinas principais editar

 
Selo da Igrexa nas portas do Templo de Independence

Os Santos dos Últimos Días da Comunidade de Cristo foron chamados "os Santos da pradaría" e o biógrafo de Joseph Smith III referiuse ao primeiro presidente da Reorganización como o "Profeta Pragmático". Desta maneira, os Santos dos Últimos Días do Medio Oeste foron unha ponte entre as crenzas dos seus curmáns os Santos de Utah e o cristianismo en xeral.

En contraste coa igrexa mormoa, cuxa cosmoloxía inclúe unha Divindade de tres "distintos personaxes" progresando de acordo cun "plan de exaltacion", os Santos dos Últimos Días da Cmunidad de Cristo aceptan a Doutrina ortodoxa de Deus.

As prácticas do Templo entre as dúas denominacións tamén difiren. Os Templos de Kirtland e Independence son lugares de educación e adoración públicos e abertos para todas as persoas. O Templo de Independence foi dedicado á procura da paz. Cada día do ano ás 12:30 CST ofrécese unha oración pola paz no Santuario do Templo.

Sacramentos ou Ordenanzas editar

A Comunidade de Cristo practica oito sacramentos ou ordenanzas:

  • Bautismo
  • Confirmación (Bautismo do Espírito Santo)
  • Bendición dos Nenos
  • A Cea do Señor (Comuñón)
  • Matrimonio
  • Bendición da Enfermos
  • Ordenación ao Sacerdocio
  • Bendición do Evanxelista

Escrituras editar

A Comunidade de Cristo recoñece a Biblia como o libro fundamental de escrituras para a igrexa, o Libro de Mormón e o libro de Doutrina e Pactos como escritura adicional.

  • A Biblia Durante a súa vida, Joseph Smith, Jr. comezou un proxecto para revisar a versión da Biblia do Rei Santiago (King James Version). Logo da súa morte, os manuscritos permaneceron na familia Smith a que como miemboros da Comunidade de Cristo doaron á igrexa. O traballo foi publicado pola igrexa como a "Versión Inspirada" da Biblia. Os membros da Comunidade de Cristo tamén aceptan e fan uso de traducións modernas da Biblia.
  • O Libro de Mormón A Comunidade de Cristo publica en inglés dúas versións do Libro de Mormón. A Edición Autorizada baséase no manuscrito orixinal que se usou para a primeira edición e na Segunda Edición de 1837 revisada por José Smith Jr. O seu contido é similar ao do Libro de Mormón publicado pola Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (mormones), pero a versificación é diferente. A Comunidade de Cristo ademais publica unha Edición Autorizada Revisada a que presenta un inglés moderno. A Edición en español baséase na Versión Autorizada do Libro de Mormón.
  • O Libro de Doutrina e Pactos Este continuo e crecente volume de escritura contén revelacións seleccionadas e outros documentos principalmente dados a través dos Profetas-Presidentes e ratificadas pola lei de común acordo pola membresía da Comunidade de Cristo. Esta edición difire considerablemente da publicada pola Igrexa mormoa, comezando co nome Doutrina e convenios. Ambas están moito máis ampliadas que a súa primeira versión de 1835. En contraste á práctica da Igrexa mormoa quen posterior a 1844 non tivo novas revelacións/seccións, a Comunidade de Cristo continúa agregando revelacións dadas a través dos seus profetas-presidentes. Steve M. Veazey presentou a máis recente revelación á igrexa, a que foi aceptada como a Sección 163 en marzo de 2007.

Notas editar

  • Richard P. Howard, The Church Through the Years, Herald House: 1992.
  • Roger D. Launius, Joseph III: Pragmatic Prophet, University of Illinois Press: 1995.
  • Inez Smith Davis, The Story of the Church: A History of the Church of Jesus Christ of Latter Day Saints and of Its Legal Successor, the Reorganized Church of Jesus Christ of Latter Day Saints, 12th edition, Herald House: 1981.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar