Comunidade de África Oriental

(Redirixido desde «Comunidade da África Oriental»)

A Comunidade de África Oriental (CAO, en inglés: East African Community, EAC) é unha unión aduaneira de África Oriental, formada por Kenya, Uganda, Tanzania, Burundi, Ruanda e Sudán do Sur.

East African Community
Bandeira da Comunidade de África Oriental
Bandeira
Lema: "One People One Destiny" ("Un pobo, un destino")
 
Membros en verde escuro e candidatos en verde claro

Membros en verde escuro e candidatos en verde claro
 
Sede Arusha
Forma de goberno Organización internacional
Fundación
 • Declaración de Bangkok
 • Disolución
 • Restablecemento

8 de agosto de 1967
1977
7 de xullo de 2000

Os seis países que integran a Comunidade de África Oriental acordaron adoptar unha moeda única que abranguería 135 millóns de persoas.[1] A CAO é un dos piares da Comunidad Económica Africana. Ten unha unión aduaneira dende 2005 e un mercado común dende 2010. [2]

HistoriaEditar

A CAO fundouse en o 7 de xullo de 2000.[3] nunha cerimonia celebrada na cidade de Arusha (Tanzania), en que se localiza a súa sede, reavivando un proxecto similar abandonado en 1977. O novo tratado EAC creaba o camiño cara a unha unión económica e, nun futuro, política entre os tres países iniciais. Un tratado posterior, asinado en marzo de 2004 estableceu unha unión aduaneira que comezou o 1 de xaneiro de 2005. Segundo o tratado, Kenya, o máis rico dos tres países iniciais, ía pagar aranceis polas mercadorías que entrasen en Uganda e Tanzania ata 2010.

Burundi e Ruanda incorporáronse o 6 de xullo de 2009,[4] e Sudán do Sur o 5 de setembro de 2016.[5][6]

Pasaporte comúnEditar

 
O presidente ruandés Paul Kagame na conferencia da EAC de 2006. Ruanda uniuse á organización en 2007

O pasaporte de África Oriental lanzouse oficialmente o 1 de abril de 1999[7] para facilitar atravesar fronteiras entre estes países africanos[8][9] e dá dereito a kenyanos, tanzanos e ugandeses a unha estadía de seis meses renovábeis en calquera destes países.[8]

O pasaporte expídese nas sedes dos respectivos Departamentos de Inmigración en Nairobi, Kampala e Dar es Salaam.[8][9] Custa o equivalente a 10 dólares estadounidenses[9] e as solicitudes tardan en tramitarse de dúas a tres semanas. A pesar de que o pasaporte só é válido dentro da CAO, preténdese internacionalizalo con outros países da África Oriental.

NotasEditar

  1. "East African trade bloc approves monetary union deal". Reuters. 30 de novembro de 2013. 
  2. El Mundo
  3. "East African Community – Quick Facts". Eac.int. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2009. Consultado o 2010-07-01. 
  4. "EAC Update E-newsletter". www.eac.int. Directorate of Corporate Communications and Public Affairs. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2011. 
  5. "Germany Ambassador pays courtesy call on EAC Secretary General". East African Community. 2016-05-09. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 2016-06-01. 
  6. "Republic of South Sudan deposits Instruments of Ratification on the accession of the Treaty for the establishment of the East African Community to the Secretary General". East African Community. 2016-09-05. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 2016-09-05. 
  7. "East African Community (EAC)". Africa-union.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2010. Consultado o 2010-07-01. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Ministers Sign Memorandum of Understanding". EAC News ... Arquivado dende o orixinal o 2007-09-28. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Travelling in East Africa". Arquivado dende o orixinal o 2008-05-11. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar