Comunidad Castellana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2014.) |
Comunidad Castellana (Comunidade Castelá en galego) foi unha asociación cultural castelanista rexistrada o 26 de febreiro de 1977, con sede en Segovia. Esta asociación recollía o concepto de Castela que deixaron nos seus numerosos escritos os ensaístas segovianos Luis Carretero Nieva e o seu fillo Anselmo Carretero, sendo acérrima defensora das ideas "condadistas". Hoxe en día non se lle coñece actividade ningunha.
Comunidad Castellana | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Ideoloxía | Carreterismo |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Obxectivos
editarComo asociación de carácter rexionalista, os seus principais obxectivos foron fomentar a conciencia rexional de Castela -que segundo as súas ideas estaría formada máis ou menos polas actuais provincias de Ávila, Burgos, Cantabria, Cuenca (sen as bisbarras de La Manchuela e La Mancha conquense), Guadalaxara, Madrid, A Rioxa, Segovia e Soria-, así como a defensa dos símbolos casteláns, como o pendón carmesí e o día 1 de maio como Día de Castela. Tamén foi notoria a súa loita contra a marxinación social e económica que dende hai séculos sofre Castela. As ideas da asociación quedan recollidas no Manifesto de Covarrubias, asinado perante a tumba de Fernán González, e no boletín informativo 'Castilla', editado pola asociación. Asemade no devandito manifesto di:
«Obrigada a asumir culpas alleas, maltratada económica e politicamente, vítima dunha confusión histórica acuñada polo centralismo madrileño e o esteticismo literario, Castela quere ocupar tamén un lugar nun Estado español formado por pobos irmáns.»
CC, que comezou a súa existencia afectando a rivalidade do conde de Castilla e do rei de León no século X, ao pé de 1978 e considerada "a federación de tres rexións: Castilla, León e A Mancha".[1]
Historia
editarInscrita no Rexistro de Asociacións o 26 de febreiro de 1977, esta asociación arraigou fortemente na provincia de Segovia e en Madrid e Guadalaxara. Dende a súa fundación contou con membros sobranceiros, como o seu cofundador o avogado Manuel González Herrero, o cal lle deu bastante poder sobre todo na provincia de Segovia. De feito, o intento de crear unha autonomía uniprovincial segoviana nos momentos previos á creación de Castela e León foi idea e poderíase dicir que tamén obra súa, pois boa parte do equipo de goberno da provincia pertencía neses momentos a Comunidade Castelá ou simpatizaba coas súas ideas. O intento finalmente non prosperou, e Segovia acabou formando parte de Castela e León en contra do que Comunidad Castellana e os políticos segovianos querían.
Pero non foi este o único caso no que Comunidad Castelllan se manifestaba a prol da uniprovincialidade autonómica dalgunha das provincias reclamadas inicialmente, de feito no informativo 'Castilla', n.º 8, de abril de 1980, pódese ler un comunicado desta asociación no tocante á castelanidade de Cantabria e a súa posibilidade de que quedase integrada en Castela e León:
«Mellor é que Santander, a Montaña ou Cantabria se administre e goberne con autonomía provincial, que non entrar nese ente, e ver disolta a súa personalidade.»
En Guadalaxara os primeiros pasos desta asociación remóntanse a setembro de 1977, e en pouco tempo case toda a elite intelectual da provincia estaba ligada dalgún xeito a Comunidad Castellana. En Guadalaxara a asociación estivo en contra da integración da provincia na comunidade autónoma de Castela-A Mancha avogando maioritariamente pola unión con Madrid. O proceso autonómico na provincia de Guadalaxara viviuse con bastante intensidade debido ao forte sentimento de pertenza a Castela existente na provincia, sentimento que aproveitou Comunidad Castellana para estenderse e propagar as súas ideas por Guadalaxara. Non obstante neste caso disuadiuse ós representantes de Comunidad Castellana das súas intencións rapidamente, polo que tal idea non chegou a callar e a provincia de Guadalajara quedaba xa integrada en Castela-A Mancha.
Tras concluír o proceso autonómico en 1983 e quedar xa definitivamente pechado o mapa das autonomías, Comunidad Castellana foi perdendo influencia e presenza de xeito paulatino ata rematar practicamente desaparecendo a finais dos anos 90. Como consecuencia diso algúns antigos membros de Comunidad Castellana impulsaron cara ao ano 2000 a creación da asociación cultural Tierra Castellana, que recollía o legado de Comunidad Castellana. Esta asociación tivo certa actividade no panorama castelanista do momento, e no ano 2005 formou parte, ao carón doutras varias agrupacións culturais e políticas castelanistas, da efémera plataforma Ahora Castilla, se ben dende entón non se lle coñece actividade ningunha.
Comunidad Castellana editaba a revista mensual de temática castelanista 'Castilla', na cal publicaban os postulados e actividades da asociación, así como varios artigos de intelectuais como Anselmo Carretero ou Manuel González Herrero.
O seu legado
editarA influencia de Comunidad Castellana foi tal que mesmo varios dos seus membros e persoas afíns á asociación acabaron creando diferentes partidos políticos que recollían a súa concepción territorial de Castela. Deste xeito a mediados de 1980 inténtase crear o partido Unión Nacionalista Castellana (UNC), defensor das ideas de Comunidad Castellana. Non obstante este partido non chegou a ver a luz debido a certas irregularidades, polo que non é ata 1989 cando empezan a aparecer as primeiras formacións políticas abertamente carreteristas, como o Partido Regionalista Castellano e máis tarde a Unión Castellanista, partido este último que máis fielmente reflectiu as teorías da asociación. Pero non só no eido político entraban as influencias desta asociación, senón tamén no cotián; de feito, hoxe en día un gran número de persoas identifícanse coas súas ideas.[Cómpre referencia] Ademais sempre foi unha gran defensora do leonesismo, a pesar de que consideraba que as provincias de Valladolid e Palencia son leonesas.
- ↑ BLANCO, Juan Andrés. "La controvertida identidad castellana y leonesa en la emigración a América". En: Americanía. Revista de Estudios Latinoamericanos, nº 7 (2018), p. 109. <https://www.upo.es/revistas/index.php/americania/article/viewFile/2906/2778> (Consulta: 7-10-2018)