Partido Regionalista Castellano

O Partido Regionalista Castellano (PREC) (Partido Rexionalista Castelán en galego) foi un partido castelanista fundado no ano 1989 na cidade de Burgos. Os seus fundadores foron o escritor Juan Carlos García Hoyuelos, José María Rupérez e Lesmes Peña, quen fundaría o actual partido político de Ciudadanos de Burgos por Castilla la Vieja (CIBU) no ano 2006, do cal é o seu presidente. O partido baseaba a súa ideoloxía nas teses do escritor segoviano Anselmo Carretero de xeito parcial, asemade no pensamento e obras de José María Cordón e a agrupación Junta PRO Burgos Cabeza de Castilla. O PREC xurdiu coma consecuencia do descontento de moitos burgaleses, que vían na cidade de Valladolid un serio competidor para Burgos pola capitalidade de Castela e León, sobre todo despois de perderen a condición de capital en favor de Valladolid. Este partido defendía a creación dunha Comunidade Autónoma Castelá formada polas provincias, que constituían a rexión histórica de Castela a Vella, excluíndo as provincias de Valladolid e Palencia.

Partido Regionalista Castellano
Tipopartido político español
IdeoloxíaNacionalismo castelán
Data de fundación5 de xaneiro de 1988
SedeBurgos
PaísEspaña
Na rede
http://www.prec.es/
editar datos en Wikidata ]

O partido participou nas eleccións municipais na cidade de Burgos e nas elecciónns autónómicas de Castela e León en 1991, conseguindo poucos votos. Caracterizouse, entre outras cousas, pola defensa da rexión histórica de Castela a Vella e polo seu apoio á causa leonesista, considerando Valladolid e Palencia coma leonesas.

Debido ás diferenzas entre os seus membros polos aspectos ideolóxicos e territoriais, varios deles en 1989 -entre eles incluíase o escritor García Hoyuelos, nacionalista de esquerdas e partidario de incluír Valladolid e Palencia en Castela- abandonaron o partido e crearon outro novo chamado Unión Castellanista, o cal debilitou bastante ao PREC. Hoxe en día este partido non ten actividade.