Compianto sul Cristo morto (Giotto)

Coordenadas: 45°24′42″N 11°52′46″L / 45.41167, -11.87944

Compianto sul Cristo morto (en galego, Lamentación por Cristo morto) é un fresco (200 x 185 cm) de Giotto, datado arredor de 1303-1305[1] e forma parte do conxunto de imaxes da Capella della Arena, coñecida como a Capela dos Scrovegni en Padua. Inclúese nas Historias da Paixón de Xesús no rexistro central inferior, na parede esquerda mirando cara ao altar.

Compianto sul Cristo morto
(en galego, Lamentación por Cristo morto)
ArtistaGiotto di Bondone
Data1303-1305
Técnicafresco
MovementoPintura gótica
Dimensións200 cm × 185 cm
LocalizaciónItalia Cappella degli Scrovegni (Padua)

Descrición editar

A escena representa o momento en que, tras ser baixado da cruz, María dálle o derradeiro adeus ao seu fillo. Cristo aparece deitado cas no primeiro plano, circundado polas Tres Marías (María Salomé, María de Cleofás e María Magdalena) e por san Xoán (o evanxelista, un dos apóstolos preferidos de Cristo). Na esquerda, aparece un grupo de mulleres chorando e na parte superior un coro de anxos desesperados. Na dereita, tradicionalmente, se indica a presenza de Xosé de Arimatea e Nicodemo.

Xesús está deitado á esquerda, preto da súa nai que, con emoción, achega a súa cara á do fillo.

Á esquerda aparece un grupo doutras mulleres con bágoas, con posturas estudadas e dramáticas. Na parte superior, os anxos presentas posturas nas que se transmiten a desesperación, con gran variedade de poses, participando nunha especie de drama cósmico que tamén afecta á natureza: a árbore da parte superior dereita está seca, pero do mesmo xeito que a natureza parece morrer. o inverno e a primavera resucitarán, Cristo parece morto e despois de tres días resucitará.

Estilo editar

A escena, a máis dramática de todo o ciclo pintado na capela e unha das máis famosas, presenta un marcado coñecemento das regras da pintura e da composición.

Predominan as cores pastel, extremadamente refinadas, que aparecen nas roupaxes con tons diferentes a partir da diferente incidencia luminosa que, mesmo, chega a mudar as súas cores.

As figuras de Giotto, amosan un intenso dramatismo e transmiten o sentimento e a dor conseguido mediante os xestos, como no caso de san Xoán que abre e estirando esaxeradamente os brazos pretendendo amosar dor pola morte de Cristo. A escena, quizais deriva da presente no Sarcófago di Meleagro que se atopaba en Padua. Outras figuras presentan unha expresión máis contida como María Magdalena collendo os pés de Cristo, ou a Virxe María, que achega a cara á do seu fillo. Dúas figuras descoñecidas, de costas ao espectador, sosteñen a cabeza e a man de Cristo.[2]

A paisaxe árida representada, semella participar da tristura dos personaxes, cunha montaña rochosa pelada, cunha composición en diagonal, e que ten unha única árbore seca no alto.

Libre da rixidez bizantina, a escena foi tomada como modelo por xeracións enteiras de artistas posteriores. Anteriormente, xa Giotto, de mozo, pintara unha Deposición na Basílica Superior de Asís.

Valoración editar

A obra é unha das incluídas por Michel Butor no seu museo imaxinario.[3]

Notas editar

  1. Erlande-Brandenburg, Alain (1992). El arte gótico (en castelán). Madrid: Akal. p. 470. ISBN 84-460-0044-X. 
  2. Hartt, Frederick (1989). Arte. Historia de la pintura-escultura y de la arquitectura. Colección Arte y Estética (en castelán). Madrid: Akal. p. 548. ISBN 84-7600-411-7. 
  3. Butor (2019), pp. 18-21

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Butor, Michel (2019). Le Musée imaginaire de Michel Butor : 105 œuvres décisives de la peinture occidentale (en francés). París: Flammarion. ISBN 9782081450752. 
  • Olivar, M. (1971). Cien obras maestras de la pintura. Colección Biblioteca Básica Salvat. Barcelona: Salvat. ISBN 84-345-7215-X. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar