Comité Olímpico Nacional de Zambia

O Comité Olímpico Nacional de Zambia (en inglés: National Olympic Committee of Zambia; código do COI: ZAM) é o Comité Olímpico Nacional que representa a Zambia. Foi creado en 1951 e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1963.[1] Zambia fixo o seu debut nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México. Antes diso, competiu como Rodesia do Norte en 1964 e baixo a bandeira de Rodesia en 1960.[2]

Dende 2010, o Comité, conxuntamente co Comité Olímpico Internacional (COI) e o Goberno de Zambia xestionou un Centro de Desenvolvemento de Mocidade Olímpica en Lusaca, Zambia. O centro foi aberto como proxecto piloto polo COI e está aberto a toda a mocidade no país.[3][4]

NotasEditar

  1. "Home > National Olympic Committees > Zambia". Olympic. IOC. Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  2. "Mexico City Olympic Games Official Report Volume Three 1968" (PDF). Digital Library Collection – Official Olympic Reports. IOC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2018. Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  3. "Visit - Olympic Youth Development Centre Zambia". Triathlon. International Triathlon Union. Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  4. "IOC inaugurates first Olympic Youth Development Centre in Lusaka, Zambia". International Hockey Federation. International Hockey Federation. Consultado o 29 de xuño de 2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar