Colorado Springs, Colorado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Colorado Springs é unha cidade localizada no condado de El Paso no estado estadounidense de Colorado. No censo dos Estados Unidos de 2010 tiña unha poboación de 416.427 habitantes e unha densidade de poboación de 824,93 km².
Colorado Springs (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Colorado | ||||
County of Colorado (en) | Condado de El Paso (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 478.961 (2020) (943,55 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 184.788 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Colorado Springs metropolitan area (en) (Poboación:755.105) | ||||
Superficie | 507,614753 km² | ||||
Auga | 0,1876 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 1.839 m | ||||
Creación | 1871 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | John Suthers (pt) (2015–2023) Yemi Mobolade (pt) (2023–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 80901–80951, 80960, 80962, 80970, 80977, 80995, 80997 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 719 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | coloradosprings.gov | ||||
Turismo
editarAdemais de Pikes Peak, hai moitas atraccións turísticas na zona, incluíndo o Xardín dos Deuses no que destacan as formacións de arenito vermello, o Manitou Cliff Dwellings, o Complexo de Adestramento Olímpico dos Estados Unidos e a Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos. De acordo coa Oficina de Convención e Visitantes de Colorado Springs, a área atrae preto de seis millóns de turistas cada ano.
A cidade está comunidada a través do aeroporto de Colorado Springs.
Industria
editar- Centro de Operacións da Montaña Cheyenne: un centro de mando militar albergado baixo a Montaña Cheyenne, ao sur de Pike Peak.
- Base da Forza Aérea Peterson (industria militar).
- Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos (industria militar).
- FrontRange Solutions (software).
Na cidade está unha das cinco estacións mestras do seguimento terrestre de GPS (as outras catro estacións do sistema están en Kwajalein, Hawai, Diego García e Ascensión).
Educación
editarO Distrito Escolar 11 de Colorado Springs xestiona as escolas públicas. A cidade acolle o Colorado College e a Universidade de Colorado en Colorado Springs (UCCS), ademais da Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos.
Deporte
editarO equipo de béisbol Colorado Springs Sky Sox xoga na Liga da Costa Pacífica (clasificación AAA). É un equipo das ligas menores correspondente aos Colorado Rockies.
Relixión
editarNos últimos anos, Colorado Springs atraeu un grande fluxo de protestantes. Os grupos protestantes con sede en Colorado Springs inclúen Enfoque á Familia ("Focus on the Family"; unha organización cristiá e política), Compasión International, The Navigators, Youth with a Misión, Young Life e a International Bible Society.
Eventos
editarO 23 de xaneiro de 2001, a policía obtivo un indicio de que os dous membros que aínda non foran capturados do grupo criminal Texas 7, buscados por roubo e o asasinato dun oficial da policía, escondíanse no Holiday Inn en Colorado Springs. Os dous fuxitivos realizaron algunhas transmisións de radio en directo antes de ser arrestados.
O 15 de febreiro de 2003, 4.000 manifestantes reuníronse en Academy Boulevard para protestar en contra da Guerra de Iraq. Despois da manifestación e masrcha pacíficas, a multitude foi dispersada con gases lacrimóxenos, aspersores de pementa e balas de goma. Houbo varios arrestados.
Nese ano, fíxose pública a evidencia que acusaba o Departamento de Policía de Colorado Springs por ter colaborado coa Policía de Denver, para reunir o que se coñece como os Arquivos Espía. Estes arquivos conteñen información reunida polo departamento de policía a través da vixilancia de activistas, organizacións e manifestantes que non incumpriran a lei.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colorado Springs, Colorado |
- Cidade de Colorado SpringsArquivado 02 de outubro de 2003 en Wayback Machine. (en inglés)