Colisión aérea en Zagreb de 1976

accidente de aviación en Iugoslavia en 1981

A colisión aérea en Zagreb de 1976 foi un accidente o 10 de setembro de 1976 preto de Zagreb entre o voo 476 de British Airways, un Hawker Siddeley Trident que voaba de Londres a Istanbul, e o voo 550 de Inex-Adria Aviopromet, un Douglas DC-9 en ruta dende Split ata Colonia. A colisión foi o resultado dun erro de procedemento dos controladores de tráfico aéreo de Zagreb.

Colisión aérea en Zagreb de 1976
Resumo
Data  10 de setembro de 1976
Causa  erro de ATC
Lugar  preto de Vrbovec, Iugoslavia
Coordenadas 
Finados  176 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Hawker Siddeley Trident 3B
Douglas DC-9-32
Operador  British Airways
Inex-Adria Airways
Rexistro  G-AWZT
YU-AJR
Pasaxeiros  54
108
Tripulación  9
5
Superviventes  0

As 176 persoas a bordo dos dous avións morreron,[1][2][3][4] sendo no seu momento a peor colisión aérea do mundo.[5] Trátase tamén do peor accidente ocorrido tanto en Croacia como na antiga Iugoslavia.[6][7]

Os voos

editar

O voo 476 de British Airways engalou do aeroporto de Londres-Heathrow cara ao aeroporto de Istanbul Atatürk ás 08:32 UTC con 54 pasaxeiros e 9 tripulantes a bordo.[2] Nos controis do Trident 3B estaba o experimentado capitán Dennis Tann (nado en 1932), que tiña 10 781 horas de voo. Estaba acompañado polo primeiro oficial Brian Helm e o primeiro oficial en funcións Martin Flint.[2]

O voo 550 de Inex-Adria engalou do aeroporto de Split ás 09:48 UTC cara ao aeroporto de Colonia/Bonn. O avión levaba 108 pasaxeiros, principalmente turistas alemáns que regresaban a casa tras unha vacacións na costa dálmata, e 5 tripulantes.[2] O piloto era o capitán Jože Krumpak (nado en 1925), que acumulaba 10 157 horas de voo, e o primeiro oficial era Dušan Ivanuš.[2][6] Inex-Adria era unha aeroliña chárter baseada en Eslovenia, unha das repúblicas que formaban a federación de Iugoslavia.

Ambos voos procederon sen incidentes ata que se achegaron ao VOR de Zagreb.

Control de tráfico aéreo

editar

A mediados dos anos 70 a rexión de control de tráfico aéreo de Zagreb era unha das máis concurridas de Europa a pesar de estar pobremente manexada e equipada.[8] O VOR de Zagreb era un punto de informe para varias das conxestionadas aerovías entre o norte e o sur de Europa e as que levaban a Oriente Medio e máis aló.[9] O espazo aéreo estaba dividido en tres sectores de altitude: o sector inferior por baixo dos 25 000 pés (7 600 m), o sector medio de 25 000 a 31 000 pés (7 600 - 9 400 m), e o sector superior por riba dos 31 000 pés.[2]

Accidente

editar
  1. "9/1982 British Airways Trident, G-AWZT and Inex Adria DC9 YU-AJR, 10 September 1976". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2020-12-25. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "5/1977 British Airways Trident, G-AWZT and Inex Adria DC9, YU-AJR, 10 September 1976". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2020-12-25. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Hawker Siddeley HS-121 Trident 3B G-AWZT Vrbovec". aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-25. 
  4. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 YU-AJR Vrbovec". aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-25. 
  5. "DISASTERS: Look Up in Horror". Time (en inglés). 1976-09-20. ISSN 0040-781X. Consultado o 2020-12-25. 
  6. 6,0 6,1 "Tajna leta JP550 - Jutarnji.hr". web.archive.org. 2012-09-07. Archived from the original on 07 de setembro de 2012. Consultado o 2020-12-25. 
  7. Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Geographical regions > Croatia air safety profile". aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-25. 
  8. Weston, Richard (Richard C. W.) (1982). Zagreb one four : cleared to collide?. London: Granada. ISBN 0-246-11185-2. OCLC 10099517. 
  9. "AirDisaster.Com: Special Report: British Airways Flight 476". web.archive.org. 2015-04-13. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2001. Consultado o 2020-12-25.