Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Compañía de María de Santiago de Compostela, tamén coñecido como a Ensinanza (debido á rúa onde se atopa, do mesmo nome) é un centro educativo concertado. Foi fundado no ano 1759 baixo a titularidade da Orde da Compañía de María. Hoxe en día impártese dende Infantil a Bacharelato e, malia que comezou sendo un centro educativo só para mulleres, actualmente xa se integraron os alumnos de xénero masculino.
Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | escola concertada e edificio escolar ![]() | |||
Parte de | Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1759 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 669-927 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | ciamariasantiago.org… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarA súa orixe está na vontade testamentaria de Mateo Vázquez, natural de San Pedro de Présaras, residente e morto no Perú en 1744. Nun testamento deixou 100.000 pesos destinados a unha fundación en Santiago de Compostela, de Carmelitas ou Capuchinas. Valentín Sánchez Boado, o seu curmán e testamenteiro trouxo a Santiago os 100.000 pesos pero atopouse con que xa estaba en marcha a fundación dun mosteiro de Carmelitas e que existía outro de Capuchinas. En vista disto decidiu fundar un Convento de Ensinanza. As monxas fundadoras do centro chegaron a Santiago dende Tudela en novembro de 1759. Púxose a primeira pedra o 10 de maio de 1760. Bendiciuse a capela provisional o 26 de outubro de 1765. O 24 de marzo de 1770 ten lugar a bendición da igrexa actual.
No século XIX a cargo de Rafael Múzquiz Alduante (1801-1821) terminouse a igrexa e a parte de clases que dan a poñente, por iso, os seus escudos vense pola parte posterior da igrexa e na fachada do edificio.