Compañía de María Nosa Señora

congregación relixiosa católica

A Orde da Compañía de María Nosa Señora é unha orde relixiosa católica adicada á educación. As relixiosas engaden ás iniciais O.D.N (en latín: Ordinis Dominae Nostrae) ao final dos seus nomes. Foi fundada en Bordeos (Francia) en 1607 por Xoana de Lestonnac sendo a primeira orde feminina que tiña como finalidade o ensino da muller.[1] Na actualidade, a Compañía de María está presente en: Francia, Albania, España, Italia, o Reino Unido, a República Democrática do Congo, Kenya, o Camerún, México, o Brasil, a Arxentina, Chile, o Perú, os Estados Unidos, Filipinas e o Xapón.[2]

Vidreira co escudo da Compañía de María no seu colexio na Coruña.
Igrexa do primeiro colexio da Compañía de María, actual Temple du Hâ, en Bordeos.

Historia

editar

Xoana de Lestonnac, logo de coñecer a tarefa dos xesuítas, decide fundar unha orde adicada á educación cristiá da muller a principios do século XVII. En 1606 eleva a súa proposta ao arcebispado de Bordeos, que recibe a proposta con escepticismo. O Concilio de Trento establecera que o monacato feminino debía vivir en estrita clausura, dificilmente compatible co maxisterio proposto. A solución atopada por Xoana de Lestonnac está na concepción arquitectónica cos seus colexios: o edificio contaría cunha estrutura tripartita, o corpo central, a igrexa, separaría os outros dous tramos do complexo: un para albergar a escola, o outro para o convento[3]. Deste xeito facíase posible combinar a contemplación relixiosa coa tarefa docente. Finalmente, o 7 de abril de 1607, o papa Paulo V aproba a orde da Compañía de María Nosa Señora. Deste xeito, foi a primeira orde relixiosa católica feminina adicada ao ensino e, en 1610, abriu o seu primeiro colexio na rúa du Hâ en Bordeos (hoxe en día, un templo protestante)[4]. No proxecto educativo da Compañía de María, Xoana de Lestonnac conxugou as influencias intelectuais que recibira ao longo da súa vida: o calvinismo, co seu énfase na educación da muller; o humanismo do seu tío Michel de Montaigne; así como a espiritualidade ignaciá e as innovacións pedagóxicas xesuítas (Ratio Studiourum)[5]. O éxito da experiencia de Bordeos levou á pronta fundación doutros colexios en Béziers (1616), Périgueux e Tolosa[6]. En 1638 imprímense as regras e constitucións da orde[7] e para cando morre Xoana de Lestonnac, en 1640, a Compañía de María sumaba 30 casas en Francia.

O longo dos seus catrocentos anos de existencia a Compañía de María difundiuse por diferentes países. O primeiro colexio fóra de Francia foi o de Barcelona en 1650[8], onde recibiu o nome "A Ensinanza" que se mantén noutros moitos centros desta orde. En 1754, a Compañía de María estableceuse en México, primeiro colexio en América; en 1948 en Mulo (República Democrática do Congo), primeiro centro en África, e 1959, a orde establece a súa casa de Toquio, Xapón, a primeira de Asia[9].

A Compañía de María en Galicia

editar

A Compañía de María rexenta cinco colexios en Galicia:

Ademais, entre 1953 e 1990 existiu o Colexio Compañía de María de Lugo.

  1. Proxecto educativo Compañía de María. Ediciones Lestonnac. 2011. ISBN 978-84-921574-3-3. 
  2. "Dans le monde". Orden de la Compañía de María N.S. (en francés). Consultado o 2021-01-25. 
  3. Sokrator. ""La oportunidad de acercarme a la vida de una mujer extraordinaria que logró llevar adelante una propuesta revolucionaria"". www.newsodn.org. Consultado o 2021-01-25. 
  4. "Temple du Hâ". Site officiel de la ville de Bordeaux (en francés). Consultado o 2021-01-25. 
  5. Proxecto educativo Compañía de María. Ediciones Lestonnac. 2011. ISBN 978-84-921574-3-3. 
  6. Marshman, Michelle (2003). "Patronage and Kinship in Women's Teaching Orders of Seventeenth-Century Bordeaux". Proceedings of the Western Society for French History 31. ISSN 2573-5012. 
  7. Admin. "Juana de Lestonnac". Compañía de Maria (en castelán). Consultado o 2021-01-25. 
  8. "Colegios Compañía de María, España". Colegios Compañía de María España. Arquivado dende o orixinal o 12-08-2020. Consultado o 26-1-2020. 
  9. "The Company of Mary Our Lady". Orden de la Compañía de María N.S. (en inglés). Consultado o 2021-01-26. 
  10. "La Compañía de María festeja su historia". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-11-21. Consultado o 2021-01-26. 
  11. "Un siglo de Compañía de María". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-19. Consultado o 2021-01-26. 
  12. "Historia do Centro". ciamariacangas.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-26. 
  13. "Historia do Centro". lestonnacferrol.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-26. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar