Club de Rugby Majadahonda
club de rugby español
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Club de Rugby Majadahonda é unha entidade deportiva da localidade madrileña de Majadahonda adicada ó rugby. O club fundouse en 1991 e xoga como local no campo de rugby Valle del Arcipreste.
![]() | |||
Nome | Club de Rugby Majadahonda | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1991 | ||
Sede | Majadahonda, Madrid | ||
Estadio(s) | Valle del Arcipreste | ||
Presidente | Luisa Pérez | ||
Adestrador | José A. Cabanas (Masculino) Jesús Delgado (Femenino) | ||
| |||
Na rede | |||
https://rugbymajadahonda.com/web/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() |
O equipo masculino compite na segunda división española, denominada División de Honra B, e o equipo feminino xoga na División de Honra Feminina de Rugby, saíndo campión de España en 1993 e 1994, e subcampión en 1995, 1998, 2000, 2016, 2018, 2020, 2021 e 2022. Varios xogadores do club acadaron un nivel internacional, salientando os casos de Pablo Fontes, Marina Bravo e María Casado que participaron nos Xogos Olímpicos de 2016 coa selección de rugby de España, e o caso de Lucas Paulos, xogador da selección de rugby da Arxentina.