Club Hielo Jaca
O Club Hielo Jaca, é un equipo español de hóckey sobre xeo da cidade de Jaca, Huesca (Aragón). Actualmente compite na Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima categoría do hóckey sobre xeo do Estado español. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca, inaugurado en 2008 e con capacidade para 2.000 espectadores.[1] Ademais do equipo sénior de hóckey, conta cunha sección feminina e categorías inferiores. Tamén posúe un equipo de curling e unha sección de patinaxe artística.
O seu patrocinador é Aramón, polo que o equipo é coñecido como Aramón Club Hielo Jaca ou Aramón Jaca.
Historia
editarO CH Jaca foi fundado en 1972, gañou nove campionatos á co CH Txuri-Urdin. O CH Jaca tamén gañou a Copa do Rei en once ocasións. Gañou tódolos seus títulos dende mediados da década dos '80, os máis recentes foron o título de liga de 2010 e o de copa de 2006. De tódolos equipos españois ten o mellor récord nas competicións europeas. Porén, o progreso, con oito vitorias en 37 partidos segue sendo moi negativo. Durante a IIHF Continental Cup da tempada 2005-06, o equipo aragonés gañou os tres partidos da primeira rolda ante o HK Slawia Sofia de Bulgaria, o Hapoel Amos Lod de Israel e o Polis Akademisi Ankara de Turquía, mais perdeu tódolos partidos da segunda rolda ante o HK Junost Minsk de Belarús, Kaszink-Torpedo Ust-Kamenogorsk de Kasaquistán e o HK Sokol Kiew de Ucraína.
Palmarés
editarParticipacións na Copa de Europa
editarBalanzo europeo
editarPartidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Goles a favor | Goles en contra | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
37 | 8 | 0 | 29 | 112 | 308 | -196 |
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |