O Club 15-15 é un equipo de voleibol que procede do antigo Icaro Volleyball Club (Club Voleibol Ícaro) de Palma (Illas Baleares). Durante a tempada 2008-09 foi o equipo feminino do Club Voleibol Portol, e dende a 2009-10 compite na Superliga baixo o nome de Oxidoc Palma.

Historia e características

editar

O club fundouse en 1994, ascendendo á Primeira División Nacional no 2001, e á Liga FEV no 2005. No 2006, tras unha boa clasificación, o equipo quedou ás portas do ascenso nunha emocionante fase final caracterizada pola igualdade e os empates co Patricia Vóley, o Sanse e o Haro. Na seguinte tempada incorporouse ao equipo a mediática colocadora italiana Maurizia Cacciatori, que co ascenso á Superliga asumiu o papel de directora deportiva, configurando un equipo de coñecidas xogadoras nacionais e internacionais.

No 2007 conseguiu unha praza na División de Honra (Superliga) ao impoñerse na fase final da Liga FEV celebrada en Palma no pavillón da Universidade das Illas Baleares, onde o Ícaro Alaró xogou durante a tempada 2006-07. En Alaró o equipo mantivo as súas escolas deportivas, mais ao comezar a tempada 2007-08 pechou un acordo co concello de Palma de Mallorca e trocou a denominación de Ícaro Alaró por Ícaro Palma. Durante a tempada 2008-09 produciuse a fusión temporal co equipo masculino do Club Voleibol Pòrtol e competiron ámbolos dous como Palma Volley, nesta tempada, ao igual que na anterior, o equipo perdeu a final da Superliga fronte ao CAV Murcia 2005.

Na tempada 2009-10 o club trocou a súa denominación polo nome actual de Club 15-15 e se clasificou para o play-off na sexta praza, aínda que non superou os cuartos de final.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.