Clemente VII, antipapa

(Redirección desde «Clemente VII, Antipapa»)

Roberto de Xenebra, nado en Genève 1342 e finado o 16 de setembro de 1394, foi un nobre e relixioso da casa de Savoia, elixido papa da Igrexa católica polos cardeais franceses que se opuñan a Urbano VI, converténdose no primeiro antipapa do Cisma Occidental, co nome de papa Clemente VII.

Infotaula de personaClemente VII, antipapa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Clément VII Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Robert de Genève Editar o valor em Wikidata
1342 Editar o valor em Wikidata
Castelo de Annecy, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1394 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Aviñón, Francia Editar o valor em Wikidata
Antipapa Bonifacio IX
15 de outubro de 1389 – 16 de setembro de 1394
Antipapa Urbano VI
20 de xuño de 1379 – 15 de outubro de 1389
Cardeal presbítero Santos Doze Apóstolos (pt) Traducir
30 de maio de 1371 – 16 de setembro de 1394
← Bernard du Bosquet (pt) TraducirJan Očko of Vlašim (en) Traducir →
Roman Catholic Bishop of Cambrai (en) Traducir
11 de outubro de 1368 – 20 de setembro de 1378
← Philip Leportier de Marigny (en) TraducirPierre d'Ailly →
Roman Catholic Bishop of Therouanne (en) Traducir
3 de novembro de 1361 – 11 de outubro de 1368 – Gérard de Dainville (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Participou en
7 de abril de 1378Conclave de 1378 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde (1392–) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCondes de Genebra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAmadeu III de Genebra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Matilde d'Auvergne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAmadeu IV de Genebra (pt) Traducir, Aymon III de Genebra (pt) Traducir, Pedro I de Genebra (pt) Traducir, João I de Genebra (pt) Traducir, Blanche of Geneva (en) Traducir, Marie de Genebra (pt) Traducir, Yolanda of Geneva (en) Traducir e Catherine de Genève (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
O antipapa Clemente VII.

Traxectoria editar

Era fillo de Amadeu III, conde de Xenebra. Foi ordenado bispo de Thérouanne en 1361, arcebispo de Cambray en 1368, e cardeal en 1371.

En 1377, mentres servía como legado papal, dirixiu persoalmente as tropas prestadas ao papado por John Hawkswood para reducir a pequena cidade de Cesena no territorio de Forlì, que obtivera recentemente a súa independencia dos territorios pontificios; alí supervisou o masacre de 4.000 civís, unha atrocidade dadas as regras de guerra do momento, polo que foi coñecido co alcume de carniceiro de Cesena.

Entre 1305 e 1377 os papas residiron en Avignon. En 1378, o papa Gregorio XI decidiu intentar o regreso do papado a Roma a instancias de Catarina de Siena. Aínda que prognosticou que o experimento sería un fracaso, morreu pouco despois da súa chegada. O dereito canónico indicaba que o novo papa debía ser elixido no lugar onde morrera o antigo papa, polo que debía ser elixido na cidade de Roma. A poboación romana reuniuse e ameazou con reaccionar de modo violento ante os cardeais se non se elixía un italiano como Pontífice. O 8 de abril de 1378, Roberto de Xenebra votou a prol do arcebispo Bartolomeu Prignano de Bar (que non era cardeal) como papa Urbano VI.

Urbano VI, pola súa banda, estivo en desacordo co colexio cardinalicio dende o inicio do seu pontificado. Roberto e trece cardeais franceses formaron unha coalición que buscaba substituír a Urbano ao declarar que a súa elección fora inválida, xa que o conclave fora celebrado baixo a ameaza de violencia por parte do pobo romano, polo que realizaron outra elección, na que Roberto foi elixido papa en Fondi o 20 de setembro de 1378. Os reinos de Francia, Escocia, Castela, Aragón, Navarra, Portugal, Dinamarca, algúns estados alemáns, Noruega, e os territorios dos Savoia, recoñecérono como papa, pero os italianos non, apoiando o papado oposto de Urbano VI. Roberto consecuentemente fixou a súa sé en Avignon, como Clemente VII, e cedeu a maior parte dos Estados Pontificios a Lois II de Anjou.

Con Roberto de Xenebra iniciouse o Gran Cisma de Occidente, a segunda das grandes escisións dentro da Igrexa Católica, que durou até 1417. A lexitimidade do papado de Avignon foi grande, mesmo entre teólogos e relixiosos de renome; Pierre d'Ailly, Philippe de Maizieres, Jean Gerson, Nicolao de Clemanges, san Vicente Ferrer, o beato Pedro de Luxemburgo e santa Colette de Corbie, entre outros, defenderon o dereito de Clemente.

Coa reunificación do papado en Roma polo Concilio de Constanza, fixouse a posteriori que a liña de Avignon se consideraría non canónica.

Véxase tamén editar