Ciudad Encantada

paraxe natural protexida

A Ciudad Encantada é unha paraxe natural de formacións rochosas calcarias formadas ó longo de miles de anos. Localízase preto de Valdecabras, no termo municipal de Cuenca (España), nunha ampla zona de piñeirais da parte meridional da serranía conquense e a unha altitude de 1.500 metros. Está situada nunha leira privada á cal se pode acceder previo pago de 5€.

O Tormo Alto, exemplo de erosión diferencial na Ciudad Encantada de Cuenca.

Foi declarada Sitio Natural de Interese Nacional o 11 de xuño de 1929. A acción da auga, o vento e o xeo fixo posible este fenómeno cárstico. A heteroxeneidade das rochas en canto á súa morfoloxía, composición química e grao de dureza é o que permitiu o desgaste desigual das mesmas polos elementos atmosféricos. Ás caprichosas e espectaculares formacións existentes hai que sumar lapiaces, dolinas e sumidoiros.

Comparte estas características especialmente con "Los Callejones", paraxe situada no termo municipal de Las Majadas. Ambos os lugares forman parte do Parque natural Serranía de Cuenca, creado mediante a Lei da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha 5/2007.[1]

Notas editar

  1. Ley 5/2007 de la Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar