Cissa de Sussex
Cissa (/ˈtʃɪsɑː/) participou nunha invasión anglosaxoa que desembarcou con tres barcos nun sitio chamado Cimensora no ano 477.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V ![]() |
Morte | Despois de 541 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Ælle de Sussex ![]() |
Traxectoria
editarA invasión estivo dirixida polo pai de Cissa, Ælle, e os seus dous irmáns. Dise que loitaron contra os britanos da zona. A súa conquista do que posteriormente sería Sussex (Inglaterra) continuou coa Batalla de Mercredesburne (485) e Pevensey en 491, na cal se di que morreu até o último britano presente.
A fonte principal para esta historia é a Crónica anglosaxoa, unha serie de escritos en lingua anglosaxoa. A Crónica Anglosaxoa foi escrita no reinado de Alfredo o Grande, é dicir, ao redor de 400 anos despois do desembarco en Cymenshore. Un dos propósitos da crónica era proporcionar as xenealoxías dos reis de Wessex. A pesar de que moitos dos feitos proporcionados pola crónica poden ser verificados, non é o caso da historia de fundación de Sussex implicando a Ælle e aos seus tres fillos. Sábese que os anglosaxóns se asentaron na zona oriental de Sussex durante o século V, pero descoñécese onde estivo situada Cymensora.
A cidade de Chichester, cuxo nome é o primeiro mencionado na Crónica anglosaxoa (895), presuntamente foi nomeada así por Cissa.
Confirmación histórica
editarSegundo a Crónica anglosaxoa, Cissa é un dos tres fillos de Ælle, quen no ano 477 chegou a un sitio chamado Cymensorae (pensouse que estaba na área de Selsey, no reino de Sussex). As crónicas afirman que Ælle e os seus 3 fillos participaron en tres batallas. A primeira foi a Batalla de Cymenshore en 477, a segunda foi a Batalla de Mecredesburne en 485 e a terceira en Pervensey (491), na cal morreron todos os britanos. A Crónica anglosaxoa foi orixinalmente compilada en Winchester, capital de Wessex, e completada en 891. Foi entón cando se distribuíu a varios mosteiros do país para ser copiada. As versións diferentes eran entón actualizadas periodicamente. A crónica conta a historia anglosaxoa desde mediados do século V, até 1154. Antes da Conquista normanda de Inglaterra os manuscritos foran principalmente escritos en lingua anglosaxoa, mentres que despois da conquista se comezaron a escribir en latín. A Crónica escribiuse durante o reinado de Alfredo o Grande, preto de 400 anos despois de Cissa, facendo que a exactitude dos acontecementos e as datas estean consideradas como cuestionábeis. As fontes para os escritos do século V son escuras, aínda así unha análise do texto demostra algunhas convencións poéticas, así que probabelmente foron derivados dunha tradición oral, como sagas en forma de poemas épicos. A Crónica anglosaxoa encargouse por varias razóns, como a de informar acerca da xenealoxía dos reis de Wessex, do que mostra aspectos positivos. O reino de Sussex, fundado por Ælle, foi absorbido por Wessex durante o reinado de Ecgberht de Wessex.
Non se atopou evidencia arqueolóxica para certificar a existencia de Ælle e a dos seus tres fillos na área de Selsey ou en Chichester. A ausencia de cemiterios pertencentes aos primeiros anglosaxóns na área de Chichester indica que os saxóns chegaron alí cen anos despois que Ælle; Algúns propuxeron que Chichester foi unha rexión dos britanos independente (coñecido como Britania posromana) a finais do século V, aínda así non hai ningunha evidencia arqueolóxica para apoiar esa hipótese. Ademais, só se atoparon dous obxectos pertencentes aos primeiros anglosaxóns ao oeste do río Arun e poden ser datados no século sexto. Un daqueles obxectos era un broche longo e pequeno atopado nun cemiterio romano, situado en St. Pancras (área de Chichester). O seu illamento infere que pertenceu a unha muller saxoa que viviu e morreu nunha comunidade de britanos, máis que nun poboamento saxón.
Non hai fontes escritas anglosaxoas que afirmen que Cissa foi algunha vez rei. O cronista de século VIII Beda declarou que Ælle foi o primeiro rei en ter un "imperium" sobre outros reinos anglosaxóns, pero non fai mención dos fillos de Ælle. A fonte máis temperá que declara que Cissa foi rei pertence ao cronista anglo-normando Henrique de Huntingdon, quen escribiu entre 1130 e 1154, e que claramente utilizou a súa imaxinación para cubrir as brechas existentes na historia. Moita da súa información provén de Beda. O cronista do século XIII, Roger de Wendover utilizou o traballo de Henrique como a súa fonte principal, sendo probábel que tanto Henrique como Roger tivesen acceso a manuscritos e a fontes orais agora perdidas. Grazas a ambos os autores suponse que Ælle foi sucedido por Cissa, estando tamén acreditada a data da sucesión. Roger de Wendover mesmo chegou a proporcionar a data da morte de Cissa, dato ausente até entón. A data da súa morte era 590. Se Cissa chegou a Gran Bretaña en 477, tería que morrer con 123 anos. Unha substitución de 'morto en 590, por 'morto aos 90' resolvería este erro. Kirby & Williams observou "parece moi improbábel que estes escritos pertencentes a crónicas medievais tardías proporcionasen unha base certeira para unha reconstrución histórica".
Evidencia de nomes de lugares
editarA primeira parte da Crónica anglosaxoa contén frecuentemente epónimos. Na crónica escrita en 477 os fillos de Ælle chámanse Cymen, Wlenking, e Cissa. Este tres nomees oportunamente están relacionados cun sitio antigo ou co nome dun lugar existente. Cymenshore, o sitio onde a invasión comezou, é nomeado por Cymen, Lancing (Sussex occidental) por Wlenking e Chichester por Cissa. Posibelmente os nomes dos fillos de Ælle foron derivados do nome daqueles lugares; ou quizais os nomes daqueles lugares derivaron das lendas sobre os fillos de Ælle.