Alcanforeiro

especie de vexetal
(Redirección desde «Cinnamomum camphora»)
Alcanforeiro

Un alcanforeiro senlleiro e vello, cunha idade estimada de 1000 anos, no Xapón
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Laurales
Familia: Lauraceae
Xénero: Cinnamomum
Especie: C. camphora
Nome binomial
Cinnamomum camphora
(L.) J.Presl

O alcanforeiro[1], tamén coñecido como alcanforeira ou canforeira[2] (Cinnamomum camphora), é unha árbore da familia das lauráceas que acada dimensións de até vinte e cinco metros de altura, de copa piramidal e follas alternas, orixinaria de Extremo Oriente, da madeira do cal se obtén o alcanfor por destilación.

Os alcanforeiros do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Ilustración

Hábitat e distribución editar

A planta procede do Extremo Oriente, sendo moi común na China, no Xapón e en Taiwán. Cultívase tamén en numerosos países de clima cálido e nas rexións costeiras do Pacífico nos Estados Unidos.

Descrición editar

É unha árbore grande que pode acadar os vinte e cinco metros de altura coas pólas febles. As folla son persistentes, alternas, pecioladas, de forma ovalada, coriáceas e acuminadas, de cor verde brillante e con tres nervios principais que presentan na súas axilas unhas pequenas glanduliñas. As flores son brancas amarelentas e aparecen en maio-xuño agrupadas en panículas corimbosas dispostas nas súas axilas. O froito é unha baga en forma de globo de cor arroibada que torna a negro cando vai chegando.

Principios activos editar

Propiedades editar

  • En grandes doses é narcótico e irritante, porén, en doses miúdas é sedante, antiespasmódico, diaforético, antihelmíntico e balsámico.
  • En aplicación externa pode aliviar as dores de cabeza e neuralxias. (preferentemente con alcol alcanforado).
  • Tamén se utiliza o alcol alcanforado para aliviar as dor de moas.
  • Cómpre utilizarse baixo control médico pois a súa intoxicación produce dor gástrica e vómitos, febleza e rixidez muscular. Os paxaros son moi sensíbeis aos seus vapores e se se expoñen a eles poden finar en só 15 minutos.[3]
 
Ramallada dun alcanforeiro.

Taxonomía editar

Cinnamomum camphora foi descrita por (L.) J.Presl e publicado en O Prirozenosti rostlin, aneb rostlinar 2: 47. 1825.[4]

Etimoloxía

Cinnamomum: nome xenérico que provén do grego Kinnamon o Kinnamomon, que significa madeira doce. Este termo grego probabelmente provén do hebraico quinamom, o cal ten orixe nunha versión anterior ao termo Kayu manis, que na linguaxe de Malaisia e Indonesia tamén quere dicir madeira doce.

camphora: epíteto latino que significa "alcanfor".[5]

Sinonimia
  • Camphora camphora (L.) H.Karst.
  • Camphora hahnemannii Lukman.
  • Camphora hippocratei Lukman.
  • Camphora japonica Garsault
  • Camphora officinarum Nees
  • Camphora officinarum Bauh.
  • Camphora officinarum var. glaucescens A.Braun
  • Camphora vera Raf.
  • Camphorina camphora (L.) Farw.
  • Cinnamomum camphoriferum St.-Lag.
  • Cinnamomum officinarum Nees ex Steud.
  • Laurus camphora L. basónimo
  • Laurus camphorifera Salisb.
  • Laurus gracilis G.Don
  • Ocotea japonica (Garsault) Thell.
  • Persea camfora Spreng.
  • Persea camphora (L.) Spreng.[6]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcanforeiro.
  2. Nomes comúns galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Bioloxía fundamental" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002; e Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, 2004
  3. Dr.Berdonces i Serra. Gran Enciplopedia de Plantas Medicinales ISBN 84 305 8496-X
  4. "Alcanforeiro". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 25 de maio de 2013. 
  5. En Epítetos Botánicos
  6. Alcanforeiro en PlantList

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • Berendsohn, W.G., A. K. Gruber & J. A. Monterrosa Salomón. 2009. Nova Silva Cuscatlanica. Árboles nativos e introducidos de El Salvador. Parte 1: Angiospermae - Familias A a L. Englera 29(1): 1–438.
  • Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Flora of China (Checklist & Addendum). Unpaginated. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Árb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
  • Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
  • Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Werff, H. v. d. 1993. Cinnamomum (Lauraceae). 3 pp.
  • Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainseville.
  • Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331.
  • Flora of China Editorial Committee. 2008. Flora of China (Menispermaceae through Capparaceae). 7: 1–499. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Outros artigos editar