Cinema pornográfico

xénero cinematográfico que amosa contidos e actividades sexuais como parte central da historia
(Redirección desde «Cinema porno»)

O cinema pornográfico apareceu rapidamente despois da creación da tecnoloxía de filmes, que fixo que ese tipo de filme fose posíbel. Este cine proxecta, de maneira máis ou menos explícita, os distintos tipos de pornografía.

A actriz Rachel Starr nunha escena pornográfica

Historia

editar
 
Filme érotico de 1906, anterior ao cinema pornográfico

Os filmes pornográficos comezaron a ser realizados de maneira underground. A cámara era utilizada de modo afeccionado e os filmes tiñan unha distribución limitada. De inicio, a súa proxección era feita basicamente na casa do cliente ou en clubs privados. No século XXI, o cinema porno é unha industria consolidada, contando mesmo coas súas propias estrelas. Nalgúns países, os cachés dos actores acadan valores significativos, moitas veces superando o caché de artistas razoabelmente ben posicionados noutras áreas do cinema.

Os filmes pornográficos existen desde a época do cinema mudo, e eran usualmente rodados en bordeis. En 1970 nos Estados Unidos, o cinema porno gañou forte impulso, grazas á eliminación do Código das Producións, deixando de ser un produto semiclandestino e creándose unha industria publica plenamente instalada hoxe. Os filmes pasaron a ser exhibidos nas salas de cine, coñecidas como salas X. Desa época algúns filmes quedaron para a historia, como é o caso de Deep Throat.

Na década dos 80, houbo unha pequena revolución coa chegada do vídeo VHS e a posibilidade de ver os filmes sen ter que recorrer ás salas X. Coa chegada do DVD e de Internet, a produción de vídeos porno foi máis fácil aínda, se ben industrialmente estea concentrada nalgunhas empresas.

No cinema porno a nivel español, xa no século XX comezou, malia que timidamente, a falarse dun movemento pornográfico non sexista. Algúns expoñentes deste cinema porno serían o catalán Conrad Son ou a sueca aínda que residente en Barcelona Erika Lust.

Premios

editar

Estados Unidos de América

editar

Europa

editar
  • Venus Awards (Berlín) Renomeado como Eroticline Award
  • FICEB (Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona)
  • Hot D'or (Francia) extinto en 2001
  • Brussels Erotic Film Festival (Bruxelas).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar