Cimex
Cimex | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cimex lectularius | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Cimex é un xénero de insectos da familia Cimicidae.[1] As especies de Cimex son ectoparasitos que se alimentan de sangue de aves e mamíferos. Dúas especies, Cimex lectularius e Cimex hemipterus, aliméntanse frecuentemente dos humanos e son as chinches das camas, aínda que hai outras especies que poden parasitar a seres humanos de forma oportunista.[2] As especies que parasitan primariamente morcegos son as chinches dos morcegos.
Estes insectos son de 3 a 9 mm de longo e teñen corpos marróns avermellados aplanados con pequenas ás non funcionais.
Descrición
editarOs Cimex adultos son de cor marrón clara ou marrón avermellada, planos e ovais. As pezas bucais forman como un peteiro e están adaptadas a perforar e chuchar. Despois de que comen sangue o abdome está máis inchado e de cor máis escura. As ás anteriores son vestixiais e están reducidas a estruturas similares a almofadiñas e carecen de ás posteriores. Os Cimex teñen abdomes segmentados con pelos microscópicos que lles dan unha aparencia bandeada. Os adultos crecen ata os 3 a 9 mm de longo. As diferentes especies son moi similares en morfoloxía e só se poden distinguir por medio dun exame microscópico.[1][3] Hai dimorfismo sexual en C. lectularius, especie na que as femias son de maior tamaño que os machos como media. Os abdomes de ambos os sexos diferéncianse en que os machos parecen ter un abdome bicudo, o que en realidade se debe aos seus órganos copulatorios, mentres que as femias teñen abdomes máis redondeados.[4]
A ninfas recentemente saídas do ovo son translúcidas, ao principio de cores claras, facéndose máis marróns a medida que mudan e se aproximan á madureza sexual. Unha ninfa de Cimex de calquera idade que acaba de alimentarse de sangue ten unha cor vermella intensa, abdome translucido, cambiando pouco a pouco a marrón nas horas seguintes, e a negro opaco aos dous días a medida que o insecto dixire a comida.[3] Os Cimex poden confundirse con outros insectos, como psocópteros, pequenas cascudas ou derméstidos; porén, cando están quentes e activos os seus movementos son máis semellantes aos dunha formiga e, igual que a maioría dos demais hemípteros, emiten un cheiro desagradable característico cando os esmagan.
Os Cimex usan feromonas e cairomonas para comunicar os seus lugares de nidación, alimentación e reprodución.
A duración da vida dos Cimex varía coa especie e tamén depende da súa alimentación.
Taxonomía
editar- Cimex adjunctus, unha chinche dos morcegos dos Estados Unidos
- Cimex antennatus, unha chinche dos morcegos da costa do Pacífico de América do Norte[5]
- Cimex brevis
- Cimex columbarius, infesta niños de pombas[6]
- Cimex emarginatus, chinche dos morcegos dos Balcáns[7]
- Cimex incrassatus,
- Cimex japonicus, chinche dos morcegos do Xapón
- Cimex latipennis, chinche dos morcegos da costa do Pacífico de América do Norte[5]
- Cimex lectularius, o chinche das camas común con distribución cosmopolita
- Cimex hemipterus, o chinche das camas tropical[8]
- Cimex pilosellus, chiche dos morcegos no norte dos Estados Unidos e o Canadá[9]
- Cimex pipistrelli, chinche dos morcegos europeo[10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Cimex". BugGuide.net. Consultado o 24 de outubro de 2018.
- ↑ Jerome Goddard; Richard deShazo (2009). "Bed bugs (Cimex lectularius) and clinical consequences of their bites". Journal of the American Medical Association 301 (13): 1358–1366. PMID 19336711. doi:10.1001/jama.2009.405.
- ↑ 3,0 3,1 Jones, Susan C.; Jordan, Kyle K. "Bat Bugs" (PDF). Ohio State University Extension Fact Sheet. Ohio State University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2017-03-26. Consultado o 2017-01-04.
- ↑ Reinhardt, Klaus; Siva-Jothy, Michael (2007). "Biology of the Bed Bugs (Cimicidae)". Annual Review of Entomology 52: 351–374. PMID 16968204. doi:10.1146/annurev.ento.52.040306.133913.
- ↑ 5,0 5,1 "Cimicid Remains Found in Oregon Caves are Oldest Ever Found". Entomology Today. Entomological Society of America. 7 de abril de 2017.
- ↑ Treatise on Injurious and Beneficial Insects to Crops. Concept Publishing Company. pp. 551–. GGKEY:DRRHG5ZTPJ8.
- ↑ Simov, Nikolay; Ivanova, T.; Schunger, I. (maio de 2006). "Bat-parasitic Cimex species (Hemiptera: Cimicidae) on the Balkan Peninsula, with zoogeographical remarks on Cimex lectularius Linnaeus". Zootaxa 1190 (1190): 59–68. doi:10.11646/zootaxa.1190.1.3.
- ↑ "Cimex hemipterus — Overview (Tropical Bed Bug)". Encyclopedia of Life.
- ↑ Mishulin, Aleksey. "Cimex pilosellus bat bug". Animal Diversity Web.
- ↑ Goddard, Jerome; Baker, Gerald T.; Ferrari, Flavia G.; Ferrari, Claudenir (xuño de 2012). "Bed bugs (Cimex lectularius) and bat bugs (several Cimex species): A confusing issue". Outlooks on Pest Management 23 (3): 125–127. doi:10.1564/23jun09.