Cilón foi un ambicioso nobre ateniense, xenro do tirano de Megara, Teáxenes, que chegou a ser nomeado arconte, e pensou que podería aplicar o mesmo sistema político na súa cidade, Atenas[1].

Infotaula de personaCilón
Biografía
Nacementoséculo VII a. C. Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VII a. C. Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista , político Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Cara ao -632 tentou un golpe de estado, tomando a Acrópole durante as Dipolias —festividade consagrada a Zeus Polieo coa axuda de soldados de Megara, e de aristócratas atenienses[2][3][4]. A presenza de soldados megarenses non gustou ao pobo ateniense, que opuxo resistencia masiva, e cercou aos invasores. Os prítanes dos naucraros, que gobernaban daquela a cidade, prometeron respectar as súas vidas se depuñan a súa actitude[5]. Tucídides e Plutarco tamén responsabilizan aos prítanes do crime e non aos arcontes (corrixido por Tucídides en i.126.8): o seu relato omite toda referencia ao lugar onde ocorreu o masacre e cita os nove arcontes como responsábeis da morte dos suplicantes. Segundo B. Jordan, tería razón Tucídides, que corrixía a Heródoto, que se basearía nunha fonte proalcmeónida que tentaba exculpar aos Alcmeónidas[6].

As respostas á impiedade cometida por Cilón, constituía un acto de violencia nun santuario: o asasinato polos maxistrados dos suplicantes «cilonianos» nos altares das Semnai, mentres que nas Dipolias un funcionario sacrificaba un boi no altar de Zeus Polieo e despois fuxía da escena[5][7][8][9][10]. Tanto nas Dipolias como no relato sobre Cilón segue un xuízo para determinar quen é culpábel das mortes no santuario, para identificar a fonte de polución, é dicir, da impureza sacral[11][12][13]. O xuízo está testemuñado na Constitución dos atenienses, por tanto, non debe ser considerado como unha invención de Plutarco, segundo a opinión de F. S. Naiden[14][15]. O xuízo que purificou a cidade, implicaba a expulsión do culpábel, igual que nas Dipolias o coitelo do sacrificio era expulsado da cidade e purificado con auga de mar.

A posibilidade de que sucedese durante outras festividades, as Diasia, é transmitida por Heródoto e criticada por Tucídides.

Cilón escapou, sendo o resto dos seus seguidores asasinados polo arconte Megacles I, cabeza da familia dos Alcmeónidas, aínda despois de terlles xurado respectar a vida se se rendían, motivo polo que foi expulsado posteriormente de Atenas, e polo que se lanzou a maldición dos Alcmeónidas sobre el e os seus descendentes, xa que a súa acción atraeu tamén sobre Atenas unha impureza de considerábel transcendencia política[5][16].

Obtivo unha vitoria na dobre carreira, chamada díaulos, en Olimpia, na Olimpíada 35 (-640[1]). Pausanias acredita que na Acrópole había unha estatua do conspirador, presumibelmente unha ofrenda expiatoria pola súa morte[1][17]. Con todo, a existencia de devandita escultura podería contradicir o relato tucidídeo no que Cilón consegue escapar, pero concordaría coa explicación narrada por Heródoto sobre a súa morte[18]. O asedio aos conspiradores na Acrópole, mesmo o seu asasinato, é consecuentemente retratado como un acto oficial da polis, levada a cabo polos seus maxistrados lexítimos. Con todo no xuízo parece que unicamente os Alcmeónidas foron maldicidos[19].

En suma, comunmente considérase a conspiración de Cilón como o primeiro acontecemento certo da historia de Atenas, aínda que a súa lectura sexa a dun relato mítico ou ritual[20]. Isto non menoscaba a historicidade real do caso, con todo, como as tradicións orais que relatan acontecementos históricos, como rutina, fan uso de tales tropos para estruturar os seus relatos[21].

Arqueoloxía editar

En abril de 2016 atopouse unha tumba colectiva con 80 corpos, dos cales algúns presentaban ligaduras nas súas mans, en Palaio Faliro. Especulouse coa posibilidade de que fosen os restos dos executados na rebelión [22].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pausanias, Descrición de Grecia i.28.1
  2. Hermann Bengtson amplía a data da tentativa ao decenio de -640 - -630
  3. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso i.126.4–6.
  4. M. Lang, “Kylonian conspiracy” en Classical Philology 62 (1967), pp. 243 e ss.
  5. 5,0 5,1 5,2 Heródoto, Historia v.71
  6. B. Jordan, “Herodotus V 71,2 and the Naucraroi of Athens”.
  7. Stewart, Michael.
  8. Tucídides, op. cit. i.126.11
  9. Plutarco, Solón 12.1
  10. Pausanias op. cit. i.24.4, cf.
  11. Aristóteles, Constitución dos atenienses 1.1
  12. Plutarco,Solón 12.2–4
  13. Cf. P. J. Rhodes, A Commentary on the Aristotelian Athenaion Politeia 2ª ed., pp. 83–84.
  14. Aristóteles, Constitución dos atenienses
  15. F. S. Naiden, Ancient Supplication Oxford University Press: Oxford (2006), pp. 194–195.
  16. L. Moulinier, “La nature et la date du crime des Alcméonides” en Revue des Études Anciennes XLVIII. (1946), pp. 182 e ss.
  17. Eusebio de Cesarea, Chronographia i.98
  18. M. H. Jameson, op. cit., p. 168
  19. Felix Jacoby, Atthis:: The Local Chronicles of Ancient Athens pp. 366–367 n. 77
  20. M. H. Jameson, op. cit.
  21. Jan Vansina, Oral Tradition as History.
  22. Ancient Mass Graves Found in Greece Arquivado 18 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar