As Dipolias (en grego antigo Διπολεϊα, Διπόλια ou Διπολια) eran unhas festividades relixiosas da Antiga Grecia que se celebraban en Atenas, o día 14 do mes de Esciroforión (finais da primavera). Tiñan lugar en honra de Zeus Poliada (da cidade). A festa tiña un marcado carácter agrario. Ofrecíanse ao deus as primicias da colleita. Sobre este substrato primitivo implantáronse despois as curiosas festividades das Bufonías, nas que se sacrificaba un boi e, a continuación, a arma utilizada para o sacrificio era xulgada por ser culpábel da morte do animal.

Por outra banda, son admisíbeis as conexións case concluíntes que proban que as Dipolias e a tradición acerca da conspiración do ateniense Cilón, están especificamente relacionadas. Mesmo compartindo unha serie de características importantes, poderíase argumentar que estas características son simplemente a consecuencia dunha comunidade tipolóxica entre a historia e a festividade. É dicir, podería ser parte dun patrón xeneralizado en lugar de representar unha asociación particular de dúas tradicións distintas. Para probar esta posibilidade, comparar a tradición sobre Cilón e as Dipolias, unha nunha narración literaria e a outra nun festival, é que comparten moitas das mesmas características: a Orestiada e o culto a Artemisa Ortia en Esparta.

Outra conexión entre o festival e a narrativa histórica, aínda que de forma indirecta, é Epiménides, que purifica Atenas despois da expulsión dos Alcmeónidas[1]. Epiménides é identificado con Bouzigas, o inventor do arado e o antepasado do genos (familia) dos Bouzigas, que maldí ao asasino do boi, ao arado, á vítima do sacrificio nas Dipolias[2][3]. Epiménides, chegou de Creta para purificar Atenas, así como, o aition das Dipolias, o regreso do orixinal asasino do boi, dun exilio autoimposto , e puxo fin á fame negra en Atenas[4].

Notas editar

  1. Aristóteles, Constitución dos atenienses 1.1; Plutarco, Solón 12.7; FGrH 457 T 1–2, 4.
  2. Aristóteles, fr. 386
  3. Claudio Eliano, Varia Historia, 5.14; escolio a Sófocles, Antígona 255; Marco Terencio Varrón Rerum rusticarum libri III, 2.5.3–4; cf. escolio a Homero, Odisea XII.353
  4. Porfirio, De abstinentia ab esum animalum II.29.2-5

Véxase tamén editar


Bibliografía editar

Outros artigos editar