Ciccone Youth é unha banda experimental formada en 1986 como un proxecto paralelo dos membros de Sonic Youth Steve Shelley, Kim Gordon, Lee Ranaldo e Thurston Moore, xunto co membro de Minutemen e fIREHOSE Mike Watt. O seu nome é un xogo entre os nomes "Sonic Youth" e "Ciccone", o apelido orixinal de Madonna.

Ciccone Youth
OrixeEstados Unidos,
Xénero(s)rock experimental
Selo(s) discográfico(s)New Alliance Records, Blast First Records, Capitol Records
MembrosSteve Shelley
Kim Gordon
Lee Ranaldo
Thurston Moore
Mike Watt
Na rede
Musicbrainz: b36d22e9-7f2c-42ff-98a6-b0e3f2cb36f5 Discogs: 55966 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Aínda que nunca tocaron en vivo, lanzaron dúas gravacións. A primeira delas, realizada a través do selo New Alliance Records en 1986, consistiu en tres cancións: "Into the Groove(y)" (unha versión do tema de Madonna "Into the Groove"), "Tuff Titty Rap"" (ambas interpretadas polos membros de Sonic Youth) e "Burnin' Up" como cara-B, interpretada por Mike Watt con guitarras adicionais de Greg Ginn, líder de Black Flag.

A súa segunda gravación foi o álbum de estudio The Whitey Album, editado polo selo Blast First Records e pola Capitol Records en 1988, incorporando as tres cancións lanzadas anteriormente. Rumoreouse que contiña versións dos Beatles, pero realmente só versionan tres temas: "Addicted to Love" de Robert Palmer (gravada nunha cabina de karaoke), e "Burnin' Up" e "Into the Groove" de Madonna. O disco é unha especie de álbum conceptual irónico sobre a cultura musical, que vai do pop (coas versións de Madonna e Robert Plamer) á música contemporánea erudita (con referencias á comosición 4:22 de John Cage, a través do tema "(Silence)"), pasando polas influencias experimentais de Sonic Youth, especialmente ás do Krautrock alemán.

O álbum de Sonic Youth Sister, lanzado en 1987, tamén contén material fortemente influenciado por Ciccone Youth. Un exemplo disto é "Master-Dik", na cal Thurston Moore menciona repetidas veces a Ciccone Youth.