Os Chunichi Dragons (中日ドラゴンズ Chūnichi Doragonzu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Nagoia, principal cidade da Rexión de Chūbu. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. Entre o seu palmarés destacan nove títulos da Liga Central (o último en 2011), dous das Series do Xapón (1954 e 2007) e un das Series de Asia (2007).

Chunichi Dragons
Fundado en 1936
En Nagoia desde 1936
Insignia
Liga
Liga Nippon Professional Baseball
DivisiónCentral League (1950–presente)
Imaxe do equipo
Retirados10, 15
Cores          Azul, branco
Datos do equipo
AnteriorNagoya-gun (1936–1943)
Sangyo-gun (1944)
Chubu Nippon (1946)
Chubu Nippon Dragons (1947)
Chunichi Dragons (1948–1950)
Nagoya Dragons (1951–1953)
AlcumesRyu (竜, dragóns)
EstadioNagoya Dome (1997–presente)
Estadios antigosKorakuen Stadium (1948)
Nagoya Baseball S. (1949–1996)
MascotaDoala, Shaolon e Paolon
DonoUichirō Ōshima (Chunichi Shinbun)
AdestradorTsuyoshi Yoda
Títulos
Nippon S. (2)1954, 2007
Central L. (9)1954, 1974, 1982, 1988, 1999, 2004, 2006, 2010, 2011

Historia editar

O equipo foi fundado en 1936 co nome da cidade que o albergaba, Nagoia. Sen patrocinador durante as súas primeiras tempadas, o club mudou a súa denominación en 1944 cando a empresa Sangyo adquiriu o club e puxo o nome da súa compañía. Ao terminar a segunda guerra mundial o equipo volve mudar de propietario e é renomeado como Chubu Nihon. En 1947 pasa a ser adquirido polo Chunichi Shinbun. O novo propietario engade á franquía o alcume de Dragons (Dragóns) e inclúe o nome da súa empresa no do equipo. Durante as súas primeiras temporadas no campionato nacional profesional, os resultados non lle fan destacar demasiado. Con todo, a partir de 1950, ano en que se estabelece a Liga Central e pasan a chamarse Nagoya Dragons, o conxunto mellora o seu xogo e consegue terminar na segunda posición.

En 1954 os Dragons adquiren o seu nome definitivo, Chunichi Dragons. Ese mesmo ano conseguen gañar a Liga Central e a súa primeira Serie do Xapón após vencer por catro partidos a tres ante os Nishitetsu Lions. Debido á superioridade dos Giants nas décadas de 1950 e 1960, a franquía non volve gañar un título até 1974, cando volven vencer na súa División. Porén, perden a final ante Lotte Orions por 4−2.

Nos anos 1980 os Dragons conseguen tres títulos de Liga en 1982, 1988 e 1989. Ademais, xogaron dúas Series do Xapón na época, en 1982 e 1988, perdendo ambas ante os Saitama Seibu Lions, equipo dominador do béisbol xaponés da dácada. En 1999 e 2004 volveron gañaron o título de Liga, mais volveron caer nas Series, en ambas ocasións fronte os Fukuoka Daiei Hawks. O segundo título das Series chega por fin en 2007 tras 53 anos. Nesta ocasión conseguen vencer por 4-1 aos Hokkaido Fighters sendo as catro vitorias consecutivas. Ademais conseguen novembro desde mesmo ano as súas primeiras e únicas Series de Asia ao vencer na final ao SK Wyverns surcoreano.

Nomes editar

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[1]

  • Nagoya-gun (1936–1943)
  • Sangyo-gun (1944)
  • Chubu Nippon (1946)
  • Chubu Nippon Dragons (1947)
  • Chunichi Dragons (1948–1950)
  • Nagoya Dragons (1951–1953)

Estadio editar

Artigo principal: Nagoya Dome.

Actualmente, os Chunichi Dragons xogan os seus encontros como local no Nagoya Dome, recinto con capacidade para 40.500 espectadores. Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios:

Estadio Localización Prefectura Capacidade Período
Kōrakuen Kyūjō Bunkyō   Toquio 42.337 1948
Nagoya Kyūjō Nagoia   Aichi 4.495 1949 1996
Nagoya Dome Nagoia   Aichi 40.500 1997

Xogadores editar

Dorsais retirados editar

Dorsais retirados polos Chunichi Dragons
Xogador Posición Período
10 Tsuguhiro Hattori Pitcher 1939–1958
15 Michio Nishizawa Pitcher 1936–1958

Xogadores MLB editar

País Xogador Posición Temporadas no equipo
  Wei-Yin Chen Pitcher 2004–2011
  Matt Clark Primeira base 2013
  Darnell Coles Terceira base 1996
  Kosuke Fukudome Outfielder 1999–2007
  Leo Gómez Terceira base 1997–2002
  Kenshin Kawakami Pitcher 1998–2008, 2012–2014
  Vance Law Terceira base 1990
  Ken Macha Terceira base 1982–1985
  Akinori Otsuka Pitcher 2003
  Lee Sang-hoon Pitcher 1998–1999
  Matt Stairs Outfielder 1993

Notas editar

  1. "Chunichi Dragons". NPB.jp. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar