Chung Sye-kyun

político surcoreano


Chung Sye-kyun (en coreano: 정세균), nado en Donghyang o 5 de novembro de 1950 é un político surcoreano, que foi presidente da Asemblea Nacional entre 2016 e 2018 e primeiro ministro de Corea do Sur entre 2020 e 2021.

Infotaula de personaChung Sye-kyun

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Jinan County, Corea do Sur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
46º Primeiro ministro de Corea do Sur
14 de xaneiro de 2020 – 17 de abril de 2021
← Lee Nak-yon
Speaker of the National Assembly of South Korea (en) Traducir
9 de xuño de 2016 – 31 de maio de 2018
Lexislatura: 20th Legislative Assembly (en) Traducir
Membro da Assembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir
30 de maio de 2016 –
Lexislatura: 20th Legislative Assembly (en) Traducir

Circunscrición electoral: Jongno, Seoul (en) Traducir

Membro da Assembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir
30 de maio de 2012 – 29 de maio de 2016
Lexislatura: 19th Legislative Assembly (en) Traducir

Circunscrición electoral: Jongno, Seoul (en) Traducir
Membro da Assembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir
30 de maio de 2008 – 29 de maio de 2012
Lexislatura: 18th Legislative Assembly (en) Traducir
Membro da Assembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir
30 de maio de 2004 – 29 de maio de 2008
Lexislatura: 17th Legislative Assembly (en) Traducir
Membro da Assembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir
30 de maio de 2000 – 29 de maio de 2004
Lexislatura: 16th Legislative Assembly (en) Traducir
Membro da Assembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir
30 de maio de 1996 – 29 de maio de 2000
Lexislatura: 15th Legislative Assembly (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Sur Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coreia (pt) Traducir
Universidade Pepperdine (pt) Traducir
Universidade de Nova York
Universidade Kyung Hee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorKookmin University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático da Coreia do Sul (pt) Traducir
Partido Uri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: peopleinside2012 Twitter: sk0926 Editar o valor em Wikidata

Anteriormente foi líder do Partido Democrático, principal partido da oposición entre 2008 e 2010, e dúas veces presidente do partido que o precedeu, o Partido Uri, primeiro de xeito provisional de outubro de 2005 a xaneiro de 2006 e logo de febreiro de 2007 ata a disolución do partido en agosto dese ano.

O 9 de xuño de 2016 foi elixido para un mandato de dous anos como presidente da Asemblea Nacional. Ao acceder ao cargo, seguindo a lei de que o presidente non pode ser membro dun partido, abandonou o Partido Democrático de Corea. A súa adhesión ao partido restableceuse automaticamente cando o seu mandato como presidente da Asemblea rematou o 29 de maio de 2018.

Traxectoria editar

Inicios e formación editar

Chung naceu na aldea de Donghyang no condado de Jinan, Jeolla do Norte. De 1966 a 1969 estudou na Jeonju Shinheung High School en Jeonju, onde foi reporteiro dos estudantes e exerceu como presidente do consello de estudantes.[1] Estudou Dereito na Universidade de Corea e alí foi presidente do sindicato de estudantes, graduándose en 1974. Completou un mestrado na Wagner School of Public Service da Universidade de Nova York en 1983, un MBA pola Pepperdine University en 1993 e un doutoramento da Universidade Kyung Hee no 2000.[2][3]

Carreira política editar

Chung entrou na Asemblea Nacional nas eleccións parlamentarias de 1996 como membro do principal partido liberal da oposición, o Congreso Nacional para a Nova Política, en representación do seu condado natal de Jinan, Jeolla do Norte, na circunscrición de Jinan-Muju-Jangsu.

O presidente Roh Moo-hyun nomeou a Chung ministro de Comercio, Industria e Enerxía a comezos do 2006.[4] Como ministro, Chung recibiu ao secretario estadounidense de Enerxía, Samuel W. Bodman, en Seúl,[5] e participou na reunión a cinco sobre enerxía celebrada en Pequín o 16 de decembro de 2006, para promover a eficiencia enerxética e o desenvolvemento de tecnoloxías enerxéticas limpas.[6]

Líder do Partido Democrático (2008-2010) editar

Na convención nacional do Partido Democrático o 6 de xullo de 2008, Chung foi elixido líder do partido, derrotando a Choo Mi-ae, o seu principal competidor.[7]

En xullo de 2009, Chung realizou unha folga de fame de seis días para protestar contra unha serie de leis de medios aprobadas polo partido gobernante, o Gran Partido Nacional. Dimitiu do seu escano o 24 de xullo xunto a Chun Jung-bae, definindo as leis como non válidas e afirmando que a aprobación de lexislación a través de "votacións ilegais e violencia" non se pode xustificar.[8] Uns 70 lexisladores do seu partido tamén entregaron cartas de dimisión a Chung e este anunciou que o partido comezaría unha campaña de cen días na rúa contra as leis.[9] Chung e os seus compañeiros de partido volveron á asemblea o 27 de agosto despois dun mes de protestas.[10]

Chung enfrontouse ás peticións de dimisión como líder do partido que se lle fixeron despois dos pobres resultados do Partido Democráitco nas eleccións de 2010, nas que perdeu cinco dos oito escanos disputados. Aceptou as demandas e dimitiu xunto ao resto da dirección do partido o 2 de agosto, asumindo a responsabilidade da derrota.

Carreira lexislativa posterior (2010 – actualidade) editar

Nas eleccións parlamentarias de 2012, Chung mudouse de Jeolla a Seúl para presentarse polo distrito de Jongno, unha circunscrición importante que abarca o Dongdaemun e a residencia presidencial, a Casa Azul.[11] Derrotou ao seu competidor do Partido Saenuri, Hong Sa-duk, membro da Asemblea durante seis lexislatura e principal partidario de Park Geun-hye. Permaneceu en Jongno como membro do Partido Minjoo de Corea e catro anos despois, nas eleccións de 2016, Chung enfrontouse con éxito a outro peso pesado do Partido Saenuri, o exalcalde de Seúl Oh Se-hoon, en contra das previsións das enquisas que daban como gañador a Oh.[12] En decembro de 2019 foi nomeado segundo primeiro ministro do goberno de Moon Jae-in.[13] Tomou posesión como o 46º primeiro ministro de Corea do Sur o 14 de xaneiro de 2020.[14][15]

Notas editar

  1. "Cable de Wikileaks". Wikileaks (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  2. "Graziadio PKE Alumnus, Chung Sye-Kyun, Elected as Speaker of National Assembly" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2020. 
  3. "Perfil de Chung Sye-kyun" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2020. 
  4. "Roh shuffles cabinet before election". The New York Times (en inglés). 2 de xuño de 2006. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  5. "Secretary Bodman Tours LNG Powered City Bus in Seoul" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2020. 
  6. "Wen Jiabao Meets with Heads of Delegations Attending the Five-Country Energy Ministers' Meeting" (en inglés). 17 de decembro de 2016. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  7. "Chung Sye-kyun Elected Chairman of Main Opposition Party" (en inglés). 6 de xullo de 2008. Consultado o Secretary Bodman Tours LNG Powered City Bus in Seoul. 
  8. "South Korea’s DP lawmakers have begun resigning in protest" (en inglés). 25 de xullo de 2009. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  9. "Opposition to Start 100-Day Street Campaign" (en inglés). 24 de xullo de 2009. Consultado o South Korea’s DP lawmakers have begun resigning in protest. 
  10. "Main Opposition Party Returns to Assembly" (en inglés). 27 de agosto de 2009. Consultado o Opposition to Start 100-Day Street Campaign. 
  11. "Magnates to fight key battle in Jongno" (en inglés). 22 de marzo de 2012. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  12. "Polling predictors reflect after missing the mark by a mile" (en inglés). 14 de abril de 2016. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  13. "Chung Sye-kyun Nominated as New Prime Minister, “The Economy, National Integration, and Communication with the Opposition”" (en inglés). 10 de decembro de 2019. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  14. "정세균 신임 총리 “기업하기 좋은 환경 만들겠다”" (en coreano). Consultado o 6 de maio de 2020. 
  15. "Chung Sye-kyun passed as new prime minister" (en inglés). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 6 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar