Chuck Feeney

Charles Francis Feeney, coñecido tamén como 'Chuck' Feeny nado o 23 de abril de 1931[1] é un empresario e filántropo irlandés - estadounidense. É o fundador de The Atlantic Philanthropies, unha das maiores fundacións privadas do mundo, e da súa filial General Atlantic.

Chuck Feeney
Nacemento23 de abril de 1931
Lugar de nacementoElizabeth
NacionalidadeEstados Unidos de América e Irlanda
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Cornell, Cornell University School of Hotel Administration e St. Mary of the Assumption High School
Ocupaciónempresario e filántropo
editar datos en Wikidata ]

Feeney fixo fortuna como cofundador do Duty Free Shoppers Group, que foi pioneiro na idea das compras duty-free. Doou boa parte da súa fortuna en segredo durante moitos anos, até que unha disputa comercial resultou na súa identidade revelada en 1997.[2] Ao longo da súa vida, Feeney ten doado máis de 8.000 millóns de dólares, mais do 99% da súa fortuna.[3] Para iso fundou en 1982 a Atlantic Philantropies, fundación instrumental para apoiar causas a favor da vellez, a infancia e xuventude, a saúde pública e dereitos civís, e a proxectos vinculados coa esquerda política.

Feeney é coñecido pola súa frugalidade, vivindo nun apartamento alugado, non posúe coche nin casa e voa en clase económica.[4]

NotasEditar

  1. Dwyer, Jim (2007-09-26). "Out of Sight, Till Now, and Giving Away Billions". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-06. 
  2. Miller, Judith (1997-01-23). "He Gave Away $600 Million, and No One Knew". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-06. 
  3. Dwyer, Jim (2017-01-05). "‘James Bond of Philanthropy’ Gives Away the Last of His Fortune". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-06. 
  4. Taoiseach launches Chuck Feeney Biography at Trinity College Dublin

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar