Christopher Cockerell

Sir Christopher Sydney Cockerell, nado en Cambridge o 4 de xuño de 1910 e finado en Hythe o 1 de xuño de 1999, foi un enxeñeiro inglés, coñecido por ser o inventor do aeroescorregador.

Infotaula de personaChristopher Cockerell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1910 Editar o valor em Wikidata
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xuño de 1999 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Sutton Scotney, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónPeterhouse (en) Traducir
Escola Gresham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

WikiTree: Cockerell-89

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Cockerell naceu en Cambridge, onde o seu pai, Sir Sydney Cockerell, era conservador do Fitzwilliam Museum, e anteriormente fora secretario de William Morris. A súa nai era a ilustradora e deseñadora Florence Kingsford Cockerell. Christopher asistiu á escola preparadora de St Faith's.[1] Cockerell estudou na Gresham's School, Holt, Norfolk.[2] Matriculouse en Peterhouse, Cambridge para estudar enxeñaría mecánica e tivo como titor a William Dobson Womersley.

Inicio da carreira editar

Comezou a súa carreira traballando para W. H. Allen & Sons de Bedford. Tras volver á universidade de Cambridge en 1934 para estudar radio e electrónica, pasou a traballar na Radio Research Company. En 1935, pasou a traballar na Marconi Company, e pouco despois casou con Margaret Elinor Belsham (4 de setembro de 1913–setembro de 1996).[3] Viviron no Gay Bowers Cottage de Danbury, Essex, entre 1940 e 1951.[4] Durante o seu tempo en Chelmsford, liderou un equipo de investigación na célebre cabana Marconi en Writtle e traballou en moitos sistemas, incluído o radar.[5] Trala guerra contribuíu ao desenvolvemento de varias pezas moi sofisticadas de equipamento, incluída a tecnoloxía de localización por radio e o primeiro equipo empregado pola BBC en Alexandra Palace.

O aeroescorregador editar

Tras deixar a Marconi Company, comprou Ripplecraft Ltd., perquena compañía de alugamento de barcos e caravanas en Norfolk, cun legado que deixara o seu sogro. A empresa fixo poucos cartos, e Cockerell comezou a pensar como o navío podía ir máis rápido. Foi guiado polos traballos previos da compañía Thornycroft, na que unha pequena embarcación saíra parcialmente fóra da auga mediante un pequeno motor.

O maior invento de Cockerell, o aeroescorregador, creceu fóra do seu traballo. Ocorréuselle que se todo a nave fose levantada da auga, efectivamente non tería rozamento. Isto, conxecturou, daría á nave a posibilidade de obter unha velocidade máxima da que acadaban os barcos da época.

A teoría de Cockerell era que en lugar de só bombear aire baixo a nave, como Thornycroft, se o aire fose canalizado para formar un estreito chorro arredor do perímetro da nave, o aire en movemento formaría unha cortina de momento, un muro de aire en movemento que limitaría a cantidade de aire que se filtraría. Isto significaba que o mesmo coxín de aire a alta presión podía manterse por un motor moito máis pequeno, e por primeira vez, unha nave podía ser levantada completamente fóra da auga.

Comprobou as súas teorías empregando unha aspiradora e dúas latas. Descubriu que a súa hipótese tiña potencial, mais a idea tardou varios anos en ser desenvolvida, e viuse obrigado a vender as súas posesións persoais para financiar a súa investigación. Contra 1955, construíra un modelo de traballo de madeira de balse e solicitara a súa primeira patenta para o aeroescorregador, o número GB 854211. Cockerell descubrira que era imposible interesar o sector privado no desenvolvemento da súa idea, xa que tanto as industrias de aviación como os estaleiros víano como fóra dos seus núcleos de negocios.

Polo tanto achegou ao goberno británico cunha visión para interesalo en posibles aplicacións á defensa. Os líderes dos grupos de defensa non estaban interesados en proporcionar fondos e situaron a idea do aeroescorregador na listaxe secreta do goberno. Estar nesa listaxe, parou a Cockerell de facer público o seu deseño.

No outono de 1958, a National Research Development Corporation presentou unha orde con Saunders-Roe para o primeiro aeroescorregador a escala real. Este prototipo foi deseñado como SR-N1 (Saunders-Roe – Nautical One) e construído baixo licenza pola NRDC. O 11 de xuño de 1959, o SR-N1 foi amosado en público por vez primeira, e foi capaz de levar catro homes a unha velocidade de 28 millas por hora. Semanas máis tarde, navegou sobre Francia. Cruzou con éxito o canal da Mancha entre Calais e Dover o 25 de xullo de 1959,[6] cincuenta anos despois do histórico cruzamento por parte de Bleriot.

Cockerell recibiu un doutoramento de honra da Heriot-Watt University en 1971.[7]

Últimos anos editar

No final da súa vida, Cockerell desenvolveu moitas outras melloras no aeroescorregador, e inventou outras aplicacións para o principio do coxín de air, como o hovertrain.

Asistiu a moitos eventos relacionados cos aeroescorregadores, como a inauguración de moitos deles en todo o Reino Unido.

Tras unha breve enfermidade, Christopher Cockerell faleceu en Hythe (Hampshire) o 1 de xuño de 1999.[8]

Outros traballos editar

Nos últimos anos, Cockerell desenvolveu o Cockerell Raft, un aparello de enerxía hidráulica que pode ter importancia no futuro da xeración de electricidade.

Premios editar

Conmemoración editar

 
Obradoiro de Cockerell colocado no Lowestoft Maritime Museum

Durante a súa vida, o aeroescorregaor SR.N4 GH2008 Sir Christopher recibiu este nome polo inventor. Foi operado por Hoverlloyd (posteriormente Hoverspeed) cruzando o canal entre 1972 e 1991.[9]

Unha placa en Cockerell Rise, East Cowes, illa de Wight, marca a situación de White Cottage, onde Cockerell viviu e traballou. A casa foi demolida, mais o garaxe aínda se conserva. A placa foi colocada pola asociación Friends of East Cowes con apoio financeiro do Big Lottery Fund.

O taller de Cockerell, incluído o seu torno para zurdos, foi regalado ao Lowestoft Maritime Museum trala súa morte en 1999 onde foi volto a montar e se mostra ao público.

Notas editar

  1. "Sir Christopher Cockerell - St Faith's School Website". St Faith's School Website. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 28 de abril de 2016. 
  2. Lidell, Charles Lawrence Scruton & Douglas, A. B., The History and Register of Gresham's School, 1555–1954 (Ipswich, 1955)
  3. Tolliss Arquivado 25 de maio de 2012 en Wayback Machine., conslutado o 4 de xaeniro de 2012
  4. The Night the Hovercraft Flight over the Water Took Place in Essex [Ligazón morta], consultado o 9 de novembro de 2015
  5. "Cockerell, Christopher", en Oxford Dictionary of National Biography (Oxford University Press, 2004)
  6. Evans, Eric, British History (Bath, Parragon Books, 2002) p. 305
  7. webperson@hw.ac.uk. "Heriot-Watt University Edinburgh: Honorary Graduates". www1.hw.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  8. Kaufman, Michael T. (4 de xuño de 1999). "Christopher Cockerell, 88, Inventor, Dies; Father of Hovercraft and Marconi Devices". NYTimes.com. Consultado o 17 de decembro de 2018. 
  9. "British Hovercraft Corporation SRN4 (Mountbatten Class):: jameshovercraft.co.uk". www.jameshovercraft.co.uk. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar