Choncha Bonet
María Asunción Bonet Correa, máis coñecida como Choncha Bonet, nada na Coruña o 22 de abril de 1922 e finada en San Miguel de Neira de Rei (Baralla)[Cómpre referencia] o 9 de setembro de 2011[1], foi unha pintora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1922 A Coruña, España |
Morte | 9 de setembro de 2011 (89 anos) San Miguel de Neira de Rei, España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Familia | |
Nai | Asunción Correa Calderón |
Irmáns | Antonio Bonet Correa |
Traxectoria
editarFoi a primoxénita, de catro irmáns (José, Antonio e Jesús Santiago), filla de José Bonet Peñalver, militar e pintor afeccionado, e de Asunción Correa Calderón, escritora. Expuxo por primeira vez no Círculo de Belas Artes de Lugo en 1954. Pasou temporadas en Madrid, Roma e París. Expuxo no Galerías de Arte de Madrid, Círculo de Belas Artes de Madrid e no Concello da Coruña. Doou varias obras a favor da ONG católica española Manos Unidas, da Asociación Vía María (infancia) e da ONG Nuevo Futuro.[2]
Teñen obra súa o Concello da Coruña, o Museo Provincial de Lugo e varias coleccións particulares.
Notas
editar- ↑ "La artista Choncha Bonet falleció a los 89 años de edad". La Voz de Galicia. 10 de setembro de 2011.
- ↑ Compendio de bibliografía
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. ISBN 84-85311-96-5.
- Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada (1981). Plástica Gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, ISBN 84-7231-603-3.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.