Choly Berreteaga

cociñeira e presentadora de televisión arxentina de orixe galega

María Esther Brañeiro, nada en Padrón o 9 de outubro de 1927 e finada en Buenos Aires o 26 de decembro de 2018, foi unha cociñeira profesional, condutora de televisión e escritora arxentina de ascendencia galega, máis coñecida como Choly Berreteaga.

Infotaula de personaCholy Berreteaga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Esther Brañeiro Editar o valor em Wikidata
9 de outubro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Larouco, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCholy Berreteaga Editar o valor em Wikidata
ResidenciaCastelar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión , chef Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Durante a súa infancia viviu nun casarón situado sobre a Avenida Correntes, no Barrio de Almagro de Buenos Aires. Varios dos seus irmáns faleceron novos, tamén o seu pai faleceu cando ela tiña 6 anos de idade. Tempo despois, a finais dos anos 1940, radicouse na localidade de Castelar, Partido de Morón na Provincia de Buenos Aires, xa que sufría de problemas respiratorios e esa cidade era considerada adecuada para poder enfrontar a súa doenza.[1]

Ó rematar os seus estudos secundarios, decidiu estudar cociña durante dous anos, e á súa vez foi convocada pola súa profesora para ser o seu auxiliar e substituíla nalgunhas oportunidades. En 1955 contraeu matrimonio co Vasco Berreteaga, con quen tivo mellizos en 1956, Claudia María e Luis. O seu marido falecería anos despois. Logo, tendo pequenos problemas económicos, foi profesora de gastronomía, piano e francés nunha escola estatal de Morón, onde adquiriu experiencia.

Carreira televisiva editar

En 1963, a pedido da súa sobriña Alicia, enviou unha carta a Blanca Cotta para participar no programa Buenas tardes, mucho gusto que se transmitía por Canle 13 de Buenos Aires, na sección «Hoy colabora usted», onde preparou unha pizzonda, un pan típico de Italia recheo con xamón, touciño entrefebrado, olivas e queixo. Esta colaboración agradou moito, tanto que ós dous meses incorporouse ao elenco estable do programa. No ciclo transmitido en vivo e en directo tamén participaron Petrona Carrizo de Gandulfo, de quen foi íntima amiga, o médico Alberto Cormillot, entre outros.

O programa, con altos picos de audiencia, mantívose varias tempadas no aire até os anos oitenta. No mesmo, presentábanse persoas con algo para ensinar ou preparar en diversos eidos como a xardinaxe, costura, arquitectura, gastronomía, etc. Por moito tempo tivo ó seu cargo unha confeitaría. Ademais, traballou como cociñeira para hoteis, restaurantes e empresas gastronómicas tanto na Arxentina como no estranxeiro.

Dende 1986 traballou para o programa de televisión Utilísima. A partir de 1996, cando se crea a canle Utilísima Satelital pasou a ter o seu programa propio. En devandita canle tivo o seu programa Cocina Fácil por varias tempadas ata que o sinal foi vendido e pasou a chamarse Fox Life. En 2014, xa en Fox Life, despois de cincuenta anos de traxectoria televisiva, conduciu o seu ciclo de despedida da televisión chamado: 50 anos junto a Choly.[2]

Notas editar

  1. «Entrevista a Choly Berreteaga» Arquivado 11 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., artículo en el sitio web Castelar.com.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.