Children of Men (banda sonora)

banda sonora de Children of Men

Children of Men ten dúas bandas sonoras, unha delas foi composta polo británico John Tavener, e a outra con varias cancións de música popular.

Banda sonora

editar
Children of Men Original Motion Picture Soundtrack
Banda sonora de Varios artistas
30 de outubro de 2006
XéneroBanda sonora
Música rock
Música pop
hip hop
Selo discográficoHip-O
Producido porBecca Gatrell

Varias das cancións que se escoitan durante o filme, como "Total State Machine" de Test Dept, "Omgyjya Switch7" de Aphex Twin, "Anti War Dub" de Digital Mystikz, "War Dub" de Pinch e "Life in a Glasshouse" de Radiohead non están incluídas na banda sonora. Ademais, as cancións "Map of the Problematique" de Muse, "Gimme Shelter" de The Rolling Stones e "Hoppípolla" de Sigur Rós foron empregadas en anuncios de televisión e tráilers pero non aparecen no filme. A canción de Jarvis Cocker "Running the World" é interpretada nos créditos finais.

N.º TítuloArtista Duración
1. "Hush"  Deep Purple 4:25
2. "Witness (1 Hope)"  Roots Manuva 4:14
3. "Tomorrow Never Knows"  Junior Parker 3:30
4. "Sleepy Shores"  Michael Price 3:30
5. "The Court of the Crimson King"  King Crimson 4:49
6. "Backward"  Kode 9, Spaceape 4:33
7. "Wait"  The Kills 4:47
8. "There Is an Ocean"  Donovan 4:47
9. "Ruby Tuesday"  Franco Battiato 3:37
10. "Money Honey"  Pressure 3:46
11. "Arbeit Macht Frei"  The Libertines 1:15
12. "Indian Stomp"  Cyrus 3:29
13. "Bring on the Lucie (Freeda Peeple)"  John Lennon 4:13
14. "Running the World"  Jarvis Cocker 4:43

Fragments of a Prayer from the Motion Picture "Children of Men"

editar
Fragments of a Prayer from the Motion Picture "Children of Men"
Banda sonora de John Taverner
12 de decembro de 2006
XéneroBanda sonora
Selo discográficoVarèse Sarabande

A banda sonora, Fragments of a Prayer, foi composta por John Tavener e estreada polo selo Varèse Sarabande.

O director Alfonso Cuarón describe o "Fragments of a Prayer" de Tavener como "un comentario espiritual no canto dun apoio narrativo." A banda sonora conta coa mezzo-soprano Sarah Connolly e a súa voz é usada como un poderoso motivo musical. Ó contrario que moitos compositores, Tavener non fixo a banda sonora sobre o filme, senón sobre o guión.[1]

A poesía de William Blake aparece na letra de "Eternity's Sunrise", unha obra de Tavener que fora previamente escrita e dedicada á Princesa Diana despois da súa morte.[2]

"Mars" de Gustav Holst é empregada no filme pero non aparece nos álbums. "Eternity's Sunrise" aparece no filme de Oliver Stone "Savages".

N.º Título Duración
1. "Fragments of a Prayer"   15:21
2. "Eternity's Sunrise"   10:53
3. "Alexander's Feast/War, He Sung, Is Toil and Trouble"   4:44
4. "Kindertotenlieder/Nun Will Die Sonn' So Hell Aufgeh'n"   5:31
5. "Threnody for the Victims of Hiroshima"   9:59
6. "Song of the Angel"   4:35
7. "The Lamb"   3:20
8. "Mother and Child"   12:38
9. "Mother of God, Here I Stand"   3:28
  1. Crust, Kevin. "Unconventional soundscape in `Children of Men'". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 26 de xaneiro de 2007. 
  2. Broxton, Jonathan (17 de xaneiro de 2007). "Children of Men". Movie Music UK. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 5 de febreiro de 2007.