Chicho Sánchez Ferlosio
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
José Antonio Julio Onésimo Sánchez Ferlosio, máis coñecido como Chicho Sánchez Ferlosio, nado en Madrid o 8 de abril de 1940 e finado o 1 de xullo de 2003, foi un cantautor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Antonio Julio Onésimo Sánchez Ferlosio 8 de abril de 1940 Madrid, España |
Morte | 1 de xullo de 2003 (63 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, letra e música |
Ocupación | cantautor, artista discográfico, letrista, compositor, poeta, escritor, anarcosindicalista, cantante |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Pai | Rafael Sánchez Mazas |
Irmáns | Rafael Sánchez Ferlosio Miguel Sánchez-Mazas Ferlosio |
Era fillo do escritor e membro fundador de Falange Española Rafael Sánchez Mazas, irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio e mais do matemático e filósofo Miguel Sánchez-Mazas Ferlosio, ademais de tío do xornalista Máximo Pradera.
Traxectoria
editarCompuxo unha gran cantidade de cancións que non chegou a gravar el mesmo pero que si o fixeron outros intérpretes, como Rolando Alarcón, Joan Baez, Soledad Bravo, Víctor Jara ou Quilapayún. Algúns destes temas pasaron a formar parte do folclore popular, como "Gallo rojo, gallo negro", "La hierba de los caminos", "La quinta brigada" ou "A la huelga".