Cheikh Fayé
Cheikh Fayé, nado no ano 1962 na comunidade rural de Gade Escale, departamento de Diourbel,[1] é un mestre e escritor senegalés radicado en Galiza.[2] O 11 de xullo de 2017 presentou o seu primeiro ensaio titulado Ser Modou Moudou e editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega,[3] sendo o primeiro escritor senegalés que escribe e publica en lingua galega.[4]
Cheikh Fayé | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1962 |
Lugar de nacemento | Gade Escale |
Nacionalidade | Senegal |
Ocupación | catedrático e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Traballou como profesor de Xeografía e Historia de Francia no ensino secundario en Dakar,[5], mais acabou emigrando e en 2003 radicou na Coruña. Fayé presentouse ás eleccións municipais de 2015 polo BNG na Coruña pero a súa candidatura foi anulada por non ter a nacionalidade española.[6]
É autor do blog Senegaliza e dende 2016 tamén é colaborador do xornal Sermos Galiza, no que escribe artigos de opinión.[7]
ObraEditar
NotasEditar
- ↑ Sermos Galiza, ed. (11 de maio de 2019). "Son coruñés e o que é bo e o que é malo para este concello tamén é bo e malo para min". Consultado o 14 de maio de 2019.
- ↑ "Eu creo na cultura como ferramenta para terminar coas tensións no mundo". Sermos Galiza. 6 de xullo de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ entrenosdigital.com (ed.). "A vida dun senegalego na Coruña e outras reflexións desde a negritude". Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Álvarez, Miguel (11 de xullo de 2017). "Cheikh Fayé: "Como inmigrante, se non tes papeis, tes medo"". El Progreso. Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ ""Ser Modou Modou", la experiencia de un senegalés". La Región. 33 de setembro de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Pardo, Miguel (19 de xullo de 2017). "Cheikh, o senegalés que escribe en galego: "Para chegar a algo aquí hai que suar moito"". Praza. Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Sermos Galiza (ed.). "Opinións de Cheikh Fayé". Consultado o 28 de setembro de 2017.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Blog Senegaliza (en galego)