Chase Budinger
Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.
![]() | |
Axente libre | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1988 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 99 kg (218 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | La Costa Canyon (Carlsbad, California) |
Universidade | Arizona (2006–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 44 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Houston Rockets (2009–2012) Minnesota Timberwolves (2012–2015) Indiana Pacers (2015–2016) Phoenix Suns (2016) Saski Baskonia (2016–2017) |
Traxectoria profesional editar
Budinger foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, e foi traspasado aos Houston Rockets na mesma noite do Draft. Xogou cos Rockets na Summer League, onde fixo 17.8 puntos por partido. No primeiro partido da tempada 2009-10, Budinger saíu do banco para xogar 15 minutos, onde fixo 6 puntos e capturou 1 rebote. O 30 de marzo de 2010, Budinger anotou 24 puntos na vitoria por 98-94 contra os Washington Wizards. Tres días máis tarde igualou esta marca na vitoria na casa dos Boston Celtics por 119-114.
O 23 de febreiro de 2011, Budinger anotou 30 puntos, a maior anotación da súa carreira, na vitoria por 124-119 ante os Cleveland Cavaliers. Superaría esa marca no derradeiro partido da tempada 2010-11 contra os Minnesota Timberwolves, con 35 puntos en 12 de 21 lanzamentos anotados, incluíndo 4 de 8 triplas.
O 26 de xuño de 2012, Budinger foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto ós dereitos do aleiro Lior Eliyahu a cambio da 18ª elección do Draft da NBA de 2012.[1]
Notas editar
- ↑ "Rockets deal Budinger to Wolves for 18th pick". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 03 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)