Chantaxe maior

especie de planta

A chantaxe maior, correola ou lingua de vaca, Plantago major, é unha especie de planta herbácea natural de toda Europa, Norteamérica, norte de África e Asia occidental onde crece en terreos incultos, baldíos terrapléns e taludes.

Ilustración
Inflorescencia
Vista da planta

Características editar

É unha planta herbácea perenne co talo non ramificado. Alcanza os 3-5 dm de altura. Ten un rizoma curto con moitas pequenas raíces de cor amarela. As follas, algo dentadas, saen dunha roseta basal con 3 a 6 nervacións lonxitudinais que se estreitan e continúan no pecíolo, ten un limbo oval. As flores, de cor verde esbrancuxada, prodúcense en densas espigas cilíndricas que aparecen en maio-outubro. O froito é un pixidio. As sementes son de cor parda.

Propiedades editar

Ecoloxía editar

Esta especie serve de alimento para as larvas da couza Athetis pallustris.

Taxonomía editar

Plantago media foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 112. 1753.[1]

Etimoloxía

Plantago: nome xenérico que deriva de plantago = moi principalmente, nome de varias especies do xénero Plantago L. (Plantaginaceae) –relacionado coa palabra latina planta, -ae f. = "planta do pé"; pola forma das follas, segundo din–. Así, Ambrosini (1666) cóntanos: “É chamada Plantago polos autores latinos, vocábulo que toman da planta do pé (a causa da largura das súas follas, que recordan a planta do pé; e así mesmo, porque as follas teñen liñas como feitas con arado, semellantes ás que vemos na planta do pé)”[2]

major: epíteto latino que significa "maior".

Citoloxía

Número de cromosomas de Plantago major (Fam. Plantaginaceae) e táxons infraespecíficos: n=6; 2n=12[3]

Sinonimia
  • Plantago borysthenica Wissjul.
  • Plantago dregeana Decne.
  • Plantago latifolia Salisb.
  • Plantago major fo. scopulorum Fries
  • Plantago major var. borysthenica Rogow.
  • Plantago officinarum Crantz
  • Plantago sinuata Lam.[4]
Variedades
  • Plantago major subsp. major
  • Plantago major subsp. intermedia (DC.) Arcang.
  • Plantago major subsp. winteri (Wirtg.) W.Ludw.

Nome común editar

  • Galego: chantage, chantasia, chantaxa, chantaxe, chantaxe maior, chantaxe mayor, chante, chantá, chantán, chinchagem, correola, lengua de boei, lentén, lingua de vaca, llantén, llantén mayor, setecostas, tanchagem-maior, tantage, tantaxe.[5]

Notas editar

  1. "Plantago major". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  2. En Flora Vascular
  3. Números cromosómicos para la flora española, 141-149. González, F. & S. Silvestre (1980) Lagascalia 9(2): 261-266
  4. "Plantago major". Tela Botánica. Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  5. "Plantago major". Real Jardín Botánico: Proxecto Anthos. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar