Chadwick Boseman

actor estadounidensez

Chadwick Aaron Boseman, nado o 29 de novembro de 1976, e finado o 28 de agosto de 2020, foi un actor e produtor de cinema estadounidense.[1] Interpretou diversos personaxes históricos, como Jackie Robinson en 42 (2013), James Brown en Get on Up (2014) e a Thurgood Marshall en Marshall (2017). Converteuse nunha estrela internacional grazas ao seu papel como o superheroe Black Panther nos filmes do Universo cinematográfico de Marvel, incluíndo Black Panther (2018), o cal lle valeu un premio NAACP Image e un premio Screen Actors Guild.

Chadwick Boseman
Chadwick Boseman by Gage Skidmore July 2017 (cropped).jpg
Nome completoChadwick Aaron Boseman
Nacemento29 de novembro de 1976
Lugar de nacementoAnderson
Falecemento28 de agosto de 2020
Lugar de falecementoOs Ánxeles
CausaCancro colorrectal
SoterradoForest Lawn Memorial Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncristianismo
Alma máterUniversidade Howard, British American Drama Academy e T.L. Hanna High School
Ocupaciónguionista, dramaturgo, actor de cinema, actor de televisión, produtor de cinema, actor de dobraxe, actor e realizador
CónxuxeTaylor Simone Ledward Boseman
Premioshonorary doctor of the Howard University, Globo de Ouro ó mellor actor - Drama e Time 100
Na rede
IMDB: nm1569276 Allocine: 133640 Rottentomatoes: celebrity/chadwick_boseman Allmovie: p669837 TCM: 11226197 Metacritic: person/chadwick-boseman TV.com: people/chadwick-boseman
Facebook: ChadwickBoseman Twitter: chadwickboseman Instagram: chadwickboseman iTunes: 621813410 Last fm: Chadwick+Boseman WikiTree: Boseman-9 Find a Grave: 214960990 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Outros papeis cinematográficos de Boseman inclúen 21 Bridges (2019), no cal tamén foi coprodutor, e Da 5 Bloods (2020). O seu derradeiro filme, Ma Rainey's Black Bottom, estrearase postumamente en Netflix. Morreu o 28 de agosto de 2020, despois de loitar de maneira privada cun cancro de colon durante catro anos.[2][3][4]

NotasEditar

  1. "Chadwick Boseman (@chadwickboseman) • Instagram photos and videos". instagram.com (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  2. Pearson, Ryan (29 de agosto de 2020). APnews.com, ed. "'Black Panther' star Chadwick Boseman dies of cancer at 43". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2020. Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  3. Maxouris, Christina; Vera, Amir (29 de agosto de 2020). "'Black Panther' star Chadwick Boseman has died". CNN. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2020. Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  4. "'Black Panther' star Chadwick Boseman passes away at 43". The Economic Times. 28 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2020. Consultado o 29 de agosto de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar