O Chaco Boreal é a zona máis setentrional do Gran Chaco.

Modelo:Xeografía físicaChaco Boreal
Tipoecorrexión Editar o valor en Wikidata
Parte deGran Chaco Editar o valor en Wikidata
Área aproximada do Gran Chaco, da cal o Chaco Boreal é a extensa zona ao norte do río Pilcomayo, é dicir, a hoxe repartida entre os estados de Paraguai, Bolivia e o Brasil.

Historia e características

editar

Os seus límites polo norte son difusos, sinalábeis aproximadamente polo paralelo 16° S (un criterio moi usado para dar os límites setentrionais do Chaco Boreal é a divisoria de augas: o lado correspondente á conca do Prata considérase chaqueño, o lado correspondente á conca do Amazonas considérase amazónico, pero tal criterio aínda que ten a vantaxe de dar un deslindado bastante perceptíbel, adoece de imprecisións ecolóxicas, xa que ao norte dos límites da conca do Amazonas se prolongan extensións de biomas indiscutibelmente chaqueños). O seu límite meridional está dado polo río Pilcomayo (ou Araguay); os seus límites orientais sitúanse ao longo do río Paraguai e o Gran Pantanal, mentres que os seus límites occidentais están dados polas Yungas do contraforte dos Andes denominada Cordilleira Oriental. O límite sur do Chaco Boreal é o río Pilcomayo que o "separa" do Chaco Central.

Observados os límites vese entón que o Chaco Boreal actualmente encóntrase repartido entre os seguintes estados:

Pola súa parte Arxentina, aínda que contra 1870 chegou a reclamar un extenso sector do Chaco Boreal cuxo límite era unha diagonal que partía do cruzamento do paralelo 22° S co Pilcomayo e desde alí até o cruzamento do paralelo 20° S co río Paraguai, logo reduciu a súa pretensión até o río Fogones ou Yaveviry (máis coñecido como río Verde); porén, un laudo arbitral estadounidense considerou que o límite arxentino situábase no límite entre o Chaco Boreal e o Chaco Central, é dicir, que tal límite é o citado río Pilcomayo e, por ende, Arxentina no posúe zonas no Chaco Boreal.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar