Río Pilcomayo
O río Pilcomayo ou Araguay é un curso de auga da cunca do Prata que discorre por territorio de Bolivia, Arxentina e Paraguai, servindo de fronteira en parte do seu curso.
Río Pilcomayo | |
---|---|
O río Pilcomayo ao seu paso polo departamento de Tarija, Bolivia. | |
País | Bolivia Arxentina Paraguai |
Nacemento | Altiplano boliviano |
Lonxitude | 2 426 km |
Conca | 270 000 km² |
Caudal medio | 175 m³/s |
Desembocadura | Río Paraguai |
Curso do río Pilcomayo dentro da conca do río Paraná. | |
Historia e características
editarTen unha lonxitude nominal de 2426 km,[1] e drena unha conca de 270 000 km².
É o único río do mundo que presenta o fenómeno de extinción do leito por atarquinamento.[2]
O topónimo pilcomayo deriva do quechua: pishqu = "paxaro" e mayu= "río", é dicir, "río dos paxaros".
A denominación guaraní é Araguay ou, mellor, Araguaý, que pode significar: ará = "pagaio" e guaý = "río", é dicir, "río dos papagaios", ou talvez ara = "ceo", guá = "lugar" e y = "auga, isto é "auga do ceo".
Notas
editar- ↑ 2 500 km na entrada «Pilcomayo River» da Encyclopædia Britannica (2010). Consultada o 27 de xaneiro de 2016.
- ↑ Siempre Formosa. "Sitúan al Pilcomayo entre los ríos del mundo con mayor transporte de sedimentos". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2016..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Pilcomayo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pilcomayo.net (en castelán)
- Sitúan al Pilcomayo entre los ríos del mundo con mayor transporte de sedimentos en Siempre Formosa. 13 outubro, 2013. (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |