Abrir o menú principal

Cesare De Titta, nado en Sant'Eusanio del Sangro o 27 de xaneiro de 1862 e finado o 14 de febreiro de 1933, foi un poeta italiano que compuxo en italiano, latín e abrucés.

Cesare De Titta
Nacemento27 de xaneiro de 1862
 Sant'Eusanio del Sangro
Falecemento14 de febreiro de 1933
 Sant'Eusanio del Sangro
NacionalidadeReino de Italia
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do notario Vincenzo e de Sofia Loreto, quedou ao pouco orfo de pai e, á idade de dezaseis anos, entrou no seminario de Lanciano para se converter en sacerdote. Instruíu linguas clásicas no seminario de Venosa desde 1881 ata 1889, foi tamén o seu reitor, neste o seu período lucano publicou Saggi di traduzione de Catulo (1890), esta obra valeulle un diploma honoris causa de ensinante de letras do Ministerio de Instrución Pública, que lle permitiu en 1891 obter a cátedra de grego. Escribiu tamén Grammatica della lingua viva e Grammatica della lingua latina.

En 1926 deixou o ensino, retirándose a unha casa que tiña na súa comarca natal para se dedicar enteiramente á produción literaria, basicamente en abrucés, nun estilo clásico con abondosos arcaísmos pero á vez musical e mitificante da natureza local [1] Canzoni abruzzesi (1919), Nuove canzoni abruzzesi (1923), Gente d'Abruzzo (1923), Terra d'oro (1925) e Acqua, foco, vento (1925), tamén escribiu teatro recollidos en catro volumes. A súa obra en italiano recolleuna no volume Poesia e en latín deixou tres volumes de Carmina aínda que só un publicou en vida, en 1922. Traduciu ao abrucés La figlia di Jorio (1923) e ao latín as Elegie romane (1905) de Gabriele D'Annunzio.

NotasEditar

  1. Francesco Piga La poesia dialettale del Novecento, Piccin Vallardi, 1991, páxina 61

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar